Cantigas de Santa Maria/CV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CV


Como Santa Maria guareceu a moller que chagara seu marido porque a non podia aver a
ssa guisa.

Gran piadad' e mercee e nobreza,
daquestas tres á na Virgen assaz,
tan muit' en, que maldade nen crueza
nen descousimento nunca lle praz.

E desto fezo a Santa Reynna
gran mirage que vos quero contar,
u apareceu a ha mena
en un orto u fora trebellar,
en cas de seu padr' en ha cortynna
que avia ena vila d' Arraz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Cuando a viu ouv' enton tan gran medo
que adur pod' en seus pees estar,
mai-la Virgen se lle chegou mui quedo
e disse: «Non ás por que t' espantar;
mais se me creveres, irás mui cedo
u verás meu Fill' e min faz a faz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Esto será sse ta virgidade
quiseres toda ta vida guardar
e te quitares de toda maldade,
ca por aquesto te me vin mostrar.»
Diss' a moça: «Sennor de piadade,
eu o farei, pois vos en prazer jaz.»
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Enton sse foi log' a Virgen Maria;
e a meninna ficou no lugar
mui pagada e con grand' alegria,
e no coraçon pos de non casar.
Mais seu padre lle diss' assi un dia:
«Casar-te quero con un Alvernaz,
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Ome que é mui ric' e muit' onrrado
e que te quer logo grand' algo dar.»
Diss' a moça: «Esto non é penssado,
ca Santa Maria mio fez jurar,
que mi apareceu no orto, no prado,
u trouxe sigo d' angeos grand' az.»
Gran piedad' e mercee e nobreza...

E o padr' e a madre perfiados
a foron mui sen seu grad' esposar.
E quando os prazos foron chegados,
fezeron vodas; e depois jantar
foron os novios ambos enserrados
de ssuun por averen seu solaz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Mais oyredes maravilla fera
de como a quis a Virgen guardar:
que pero en poder do novio era,
nunca per ren pod' a ela passar;
e tal xe ficou como xe vera,
por que pois non ouv' a trager enfaz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Desta guisa passaron ben un ano,
que nunca el pode ren adubar
cona donzela. Poren tan gran dano
lle fez que a ouvera de matar;
ca lle deu con un cuitel' a engano
en tal logar, que vergonna me faz
Gran piedad' e mercee e nobreza...

De o dizer; ca tanto foi sen guisa,
que non pod' ome per ren y falar,
que quantos fisicos ouv' end' a Pisa
non lle poderon a chaga serrar.
E desto queixou-ss', e fez end' enquisa
un bispo que chamavan Bonifaz,
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Que ouve dela gran doo sen falla,
quand' esto soube, e mui gran pesar.
Mais, por non meter ontr' eles baralla,
a seu marido a foi comendar,
en que caeu fog' assi Deus me valla,
logo salvag', e ardeu o malvaz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

E todo-los daquela vila ardian
daquel fog' e fazian-sse levar
aa eigreja, u tantos jazian
que non podian y outros entrar;
e todos aquesta coita soffrian
polo mal que fezer' aquel rapaz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Mais ontr' aquestes aquela cativa
a que o marido fora chagar
soffreu de fogo gran coita esquiva,
ca a teta destra lle foi queimar.
E metérona mais morta ca viva
na eigreja, vestida dun prumaz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

E pois acordou, muito braadava
dizendo: «Porqué me fust' enganar,
Santa Maria, pois en ti fiava?
Ca en lugar de me dereito dar,
diste-me fogo que tan mal queimava
e queima, que o corpo me desfaz.»
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Assi gemendo e dando carpynnas,
adormeceu. E logo sen tardar
ll' apareceu a Sennor das reynnas
e começou-a muit' a confortar
e disse-ll: «Eu trago a[s] meezas
con que são de fog' e d' alvaraz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

E leva-t' en, ca des oy mais es sãa,
e vai dormir ant' aquel meu altar;
e pois t' espertares, sei ben certãa
que quantos enfermos fores beijar
serán tan sãos com' ha magãa
daqueste fogo e de seu fumaz.»
Gran piedad' e mercee e nobreza...

«Tod' esto», diss' ela, «creo de chão;
mais como me poderei levantar?»
Diz Santa Maria: «Dá-m' essa mão.»
Enton a ergeu e foy-a levar,
e ela sentiu o corpo ben são
do fog' e da ferida do falpaz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

E outro dia os que madurgaron
e a viron fórona espertar
e como sãara lle preguntaron,
e ela ren non lles quiso negar;
e pola confortar logo mandaron
que lle dessen caldo con do agraz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...

Os enfermos log' enton os poseron
ant' ela por esta cousa provar;
e pois que os beijou, saud' ouveron.
E começaron enton de loar
Santa Maria, e logo souberon
este feito pela terra viaz.
Gran piedad' e mercee e nobreza...