Cantigas de Santa Maria/CIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CIX


Como Santa Maria livrou un ome de cinco diaboos que o querian levar e matar.

Razon an os diabos de fogir
ant' a Virgen que a Deus foi parir.

Dereito fazen de ss' ir perder
ant' a de que Deus quiso nacer;
ca per ela perderon seu poder
de guisa que nos non poden nozir.
Razon an os diabos de fogir...

Dest' un miragre quero contar
que fez a Virgen que non á par
nen averá mentr' o mundo durar,
esto vos posso jurar sen mentir.
Razon an os diabos de fogir...

O miragre foi en tal razon:
cinco diabos ha sazon
s' assaron e fillaron enton
todos un ome polo mal bailir.
Razon an os diabos de fogir...

Pera Salas en cam' entrou;
quand' a vista do logar chegou,
essa companna assi s' espantou
que o non leixaron adeant' ir
Razon an os diabos de fogir...

Aquel ome, segund' aprendi,
ta que dous frades veron y
mores, que o levaron dali
aa eigreja logo sen falir,
Razon an os diabos de fogir...

Querelando-sse, com' apres' ei,
os demões da Madre do Rey
dos Ceos en como vos eu direi:
«Esta nos fará dest' ome partir.»
Razon an os diabos de fogir...

Un judeu os conjurou por Deus
que dissessen porque os judeus
non fillavan. Diss' un demo: «Ca meus
sodes e punnades de me servir.
Razon an os diabos de fogir...

Por esto non vos fazemos mal,
ca sodes todos nossos sen al;
mai-los que do batismo o sinal
tragen, aqueles ymos percodir.»
Razon an os diabos de fogir...

Esto dito, fogiu o judeu;
mai-los diabos, com' aprix eu,
cada un deles logo sinal deu
quando ouveron do om' a sair.
Razon an os diabos de fogir...

Desto deron todos gran loor
a Santa Maria, que sabor
á de valer sempr' ao pecador
e d' os diabos sempre destroir.
Razon an os diabos de fogir...