Cantigas de Santa Maria/CX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CX


Esta é de loor de Santa Maria.

Tant' é Santa Maria de ben mui conprida,
que pera a loar tempo nos fal e vida.

E como pode per lingua seer loada
a que fez porque Deus a ssa carne sagrada
quis fillar e ser ome, per que foi mostrada
sa deidad' en carne, vista e oyda?
Tant' é Santa Maria de ben mui comprida...

Ca tantos son os bes de Santa Maria,
que lingua dizer todos nonos poderia,
nen se fosse de ferro e noite e dia
non calasse, que ante non fosse falida.
Tant' é Santa Maria de ben mui comprida...

Se purgamo foss' o ceo estrelado
e o mar todo tinta, que grand' é provado,
e vivesse por sempr' un ome enssinado
de scriver, ficar-ll-ia a mayor partida.
Tant' é Santa Maria de ben mui comprida...