Cantigas de Santa Maria/CLI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLI


Esta é dun crerigo que onrrava as eigrejas de Santa Maria e guardava os sabados, pero
que era luxurioso.

Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras
per que os seus tirar possa de mal per muitas maneyras.

Dest' un fremoso miragre vos direy que fez a Virgen, Madre de Deus groriosa,
por un crerigo que muito a onrrava; mais fazia ssa vida lussuriosa
sempre con maas molleres, e casadas e solteyras,
nen virges non queria leixar, nen monjas nen freiras.
Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras...

Macar tod' esto fazia, da Virgen, de Cristus Madre, sempr' as eigrejas onrrava
e vigias de sas festas jajava, e sen esto os sabados ben guardava,
porque non podess' o demo leva-lo a sas barreiras
e que sempr' a Virgen santa oysse as sas pregueiras.
Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras...

Mas ha noite ll' avo que a ha barragãa sua foi, que ben queria,
e por sse deitar con ela catou per ha festra, e viu de Santa Maria
a eigreg' e os altares e reluzir as vidreiras;
enton leixou de deitar-se e foi-sse per has eiras.
Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras...

Outra vez tornou a ela, e ela lle preguntava porque a assi leixara.
El respos: «Porque da Virgen beita, Santa Maria, a ssa eigreja catara;
mas serra,» diss' el, «as estras con portas e con esteiras,
que a eigreja non possa veer nen sol end' as beiras.»
Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras...

Ela serrou as festras o mais de rrijo que pode, que non viss' el ren de fora.
E pois que foron deitados, vo un vento tan forte que as abriu a desora;
e viu logo a eigreja, lampadas e lumeeiras.
E foi-ss' e leixou a dona con todas sas covilleiras,
Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras...

E connoceu seu pecado e fezo-sse logo monge dun mõesteiro que era
preto dali. E por ele demostrou Santa Maria outra maravilla fera;
ca ll' aposeran un furto lenguas maas mentireiras,
dizendo del muitas cousas que non eran verdadeiras.
Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras...

Sobr' esto foron juntados no logar muitos abades pora saber este feyto,
e sospeytavan o monge. Mas a Virgen, de Deus Madre, o livrou ben daquel preito;
ca u el ant' os abades non duas vezes senlleiras
passava, mostruo-vo-ll' ela sinaes d'amor certeyras.
Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras...

Ca enquant' el os gollos ficav' e «Ave Maria» dizia mui simpremente
aa Virgen, de Deus Madre, contra el sse levantava, veendo-a essa gente.
E muit' a Virgen loaron, que non ouve conpanneiras
en seus feitos e que sempre faz sas mercees enteiras.
Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras...

E por esto foi o monge escusado daquel furto, de que o mal sospeitavan;
e todos esses abades logo pera el veron e perdon lle demandavan,
tollend' os frocos das testas e descobrind' as moleiras
pola Virgen, cujas obras son sempre dereitureiras.
Sempr' a Virgen, de Deus Madre, busca vias e carreiras...