Cantigas de Santa Maria/CLII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLII


Como u bon cavaleiro d' armas, pero que era luxurioso, dezia sempr' «Ave Maria», e
Santa Maria o fez en partir per sa demostrança.

Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d' amores
que per ren nunca devemos seer maos pecadores.

E dest' un mui gran miragre mostrou por un cavaleiro
que apost' e fremos' era e ardid' e bon guerreiro;
mas era luxurioso soberv' e torticeiro,
e chẽo d' outros pecados muitos, grandes e mẽores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d' amores...

Este per ren madodynnos nen vesperas non oya,
nen outras oras nen missa; pero en Santa Maria
fiava e muitas vezes a saudaçon dizia
que ll' o Sant' Angeo disse, de que somos sabedores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d' amores...

E un dia, u estava cuidando en ssa fazenda
com' emendass' en sa vida, e avia gran contenda,
ca a alma conssellava que fezesse dest' emenda,
mas a carne non queria que leixasse seus sabores;
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d' amores...

El estand' en tal perfia, pareceu-ll' a Groriosa
con ha branqu' escudela de prata, grand' e fremosa,
chẽa dun manjar mui jalne, non de vida saborosa,
mas amarga, e sen esto dava mui maos odores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d' amores...

U a viu o cavaleyro, foi con medo [e]spantado
e preguntou-lle quen era. Diss' ela: «Dar-ch-ei recado:
eu sõo Santa Maria, e venno-te teu estado
mostrar per est' escudela, porque leixes teus errores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d' amores...

Ca ves, esta escudela mostra-ti que es fremoso
e ás muitas bõas mannas; mas peccador e lixoso
es na alma, poren cheiras com' este manjar astroso,
per que yrás a inferno, que é chẽo d' amargores.»
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d' amores...

E pois ll' ouv' aquesto dito, a Virgen logo foy ida;
e el dali adeante enmendou tant' en sa vida,
per que quando do seu corpo a ssa alma foy partida,
foi u viu a Virgen santa, que é Sennor das sennores.
Tantas nos mostra a Virgen de mercees e d' amores...