Cantigas de Santa Maria/CLIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLIV


Como un tafur tirou con ha baesta ha saeta contra o ceo con sanna porque perdera, e
cuidava que fi[ri]ria a Deus ou [a] Santa Maria.

Tan grand' amor á a Virgen con Deus, seu Fill', e juntança,
que porque y non dultemos, a vezes faz demostrança.

Desto mostrou un miragre grand' e forte e fremoso
a Virgen Santa Maria contra un tafur astroso
que, porque perdia muito, era contra Deus sannoso,
e con ajuda do demo caeu en desasperança.
Tan grand' amor á a Virgen con Deus, seu Fill', e juntança...

Esto foi en Catalonna, u el jogava un dia
os dados ant' un' eigreja da Virgen Santa Maria;
e porque ya perdendo, creceu-lle tal felonia
que de Deus e de sa Madre cuidou a fillar vingança.
Tan grand' amor á a Virgen con Deus, seu Fill', e juntança...

E levantou-sse do jogo e foi travar mui correndo
log[o] en ha baesta que andava y vendendo
un corredor con seu cinto e con coldre, com' aprendo,
todo cho de saetas; e vo-ll' en malandança.
Tan grand' amor á a Virgen con Deus, seu Fill', e juntança...

E pois armou a baesta, disse: «Daquesta vegada
ou a Deus ou a sa Madre darei mui gran saetada.»
E pois que aquesto disse, a saet' ouve tirada
suso escontra o ceo; e fez mui gran demorança
Tan grand' amor á a Virgen con Deus, seu Fill', e juntança...

En vir; e el en tanto, assi como de primeiro,
fillou-ss' a jogar os dados con outro seu conpanneiro.
Enton deceu a saeta e feriu no tavoleyro,
toda coberta de sangui; e creede sen dultança
Tan grand' amor á a Virgen con Deus, seu Fill', e juntança...

Que sanguent' o tavoleiro foi. E quantos y estavan
en redor veend' o jogo ferament' en s' espantavan,
ca viian fresc' o sangui e caent', e ben cuidavan
que algun deles ferido fora d'espad' ou de lança.
Tan grand' amor á a Virgen con Deus, seu Fill', e juntança...

Mais depois que entenderon que esto assi non era
e que o sang' a saeta ben do ceo adussera,
e nenbrou-lle-la paravla que ant' o tafur dissera,
ouveron mui grand' espanto. Mas o tafur sen tardança
Tan grand' amor á a Virgen con Deus, seu Fill', e juntança...

Fillou mui gran pedença e entrou en ordin forte,
fiand' en Santa Maria, dos pecadores conorte.
E assi passou sa vida; e quando vo a morte,
pola Madre de Deus ouve salvament' e perdõança.
Tan grand' amor á a Virgen con Deus, seu Fill', e juntança...