Cantigas de Santa Maria/CLV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLV


Como un cavaleiro d' Aleixandria foi malfeitor, e quando vo a vellece, repentiu-sse e
foi a un santo hermitan confessar-sse; e el disse-lle que jajasse, e o cavaleiro
disse que non podia.

Ali u a pedença do pecador vai minguar,
accorre Santa Maria a quena sabe rogar.

Du o pecador promete de seer amigo de Deus
e se partir de pecado e enmendar tortos seus
e o non compr' é perdudo, segund conta San Mateus;
mas Santa Maria pode tod' aquest' enderençar.
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

Ca seu Fillo faz por ela mais que por null' outra ren;
e porend' as nossas culpas enmenda por nos mui ben,
que non sejamos perdudos; e por est' é de bon sen
quena ama e [a] serve e sabe en ela fiar,
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

En terra d' Aleyxandria ouve un mui malfeitor
cavaleiro, mui sobejo e mui brav' e roubador;
mais pois vo a vellece, sentiu-sse por pecador
e foi a un ome santo seus pecados confessar.
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

El deu-lle por pedença que a Ultramar romeu
fosse, e el respondeu-lle: «Esto vos non farei eu.»
«Pois jajade.» «Non posso.» Disse-lle: «Par Sant' Andreu,
nen esmolna non faredes?» «Non, ca non tenno que dar.»
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

Quando viu aquel sant' ome que non podia fazer
aquelo que l[l]' el mandava, disse-ll': «Ide-mi trager
este pichel cho d'agua, e podedes log' aver
perdon de vossos pecados, sen null' outr' afan levar.»
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

Quand' o vello, de pecados carregad', aquest' oyu,
mui[t]' alegre do sant' ome atan toste s' espedyu
e con seu pichel por agua foi; mais ela lle fugiu
da fonte, que sol gota non pude dela fillar.
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

Mas foi-sse log' a un rio que corria preto d' y,
ar fugiu-lle log' a agua, per quant[o] eu aprendi;
e assi passou dous anos, per com' eu escrito vi,
que agua coller non pude, nen sol bever nen gostar.
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

E dous anos provou esto, que nunca pod' avir
d'aquel pichel encher d' agua neno mandado conprir
que ll' o hermitan mandara; e fillou-ss' a comedir
que Deus per ren non queria seus pecados perdõar,
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

Masque por Santa Maria podia aver perdon,
se a serviss' e posesse en ela seu coraçon;
enton rogou-lle chorando, des i pediu-lle por don
que aquele pichel d'agua podesse cho levar.
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

E disse-lle: «Sennor, roga a teu Fillo, se te praz,
que a mi fazer non queira o que a beschas non faz
nen a aves.» E aquesto dizia chorand' assaz,
e a seu pichel catando, ouv' en duas a chorar
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

Lagrimas dentro, e cho foi o pichel dessa vez;
e el quando viu aquesto, atan alegre sse fez,
que ao ermitan foi logo e diss': «A Sennor de prez,
Madre de Deus, me fez esto por me de coita tirar,
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

Que de mias lagrimas duas enchi tod' este pichel.»
Quando viu o hermitano este miragre tan bel,
loou muit' a Virgen santa, de Deus Madr' e Manuel,
e fez per toda a terra este miragre mostrar,
Ali u a pedença do pecador vay minguar...

De que foi Santa Maria, a Sennor espirital,
loada muito de todos, que aos coitados val
senpre nas mui grandes coitas e ar guarda-os de mal;
poren Deus muito cofonda quena non quiser loar.
Ali u a pedença do pecador vay minguar...