Cantigas de Santa Maria/CLVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLVI


Este miragre fez Santa Maria en Cunnegro por un crerigo que cantava mui ben as sas
prosas a ssa loor, e prendérono ereges e tallaron-ll' a lingua.

A Madre do que de terra primeir' ame foi fazer
ben pod' a lingua tallada fazer que possa crecer.

Dest' un mui maravilloso
miragre vos contarey,
que fez, e mui piadoso,
a Madre do alto Rei
por un crerigo, que foran a furt' ereges prender
porque de Santa Maria sempr' ya loor dizer.
A Madre do que de terra primeir' ome foi fazer...

Poilo ouveron fillado,
quisérano y matar;
mais, polo fazer penado
viver, foron-lle tal[l]ar
a lingua ben na garganta, cuidando-[o] cofonder,
porque nunca mais da Virgen fosse loor compõer.
A Madre do que de terra primeir' ome foi fazer...

Pois que ll'a lingua tallaron,
leixárono assi yr;
e mui mal lle per jogaron,
ca non podia pedir
nen cantar como cantara da que Deus quiso nacer
por nos; e con esta coita cuidava o sen perder.
A Madre do que de terra primeir' ome foi fazer...

E o que mais grave ll' era,
que quando oya son
dizer dos que el dissera,
quebrava-ll' o coraçon
porque non podia nada cantar, ond[e] gran prazer
ouvera muitas vegadas, e fillava-ss' a gemer.
A Madre do que de terra primeir' ome foi fazer...

El cuitad' assi andando,
un dia foi que chegou
a Cunnegro, e entrando
na eigreja, ascuitou
e oyu como cantavan vesperas a gran lezer
da Virgen santa Rea; e quis con eles erger
A Madre do que de terra primeir' ome foi fazer...

Sa voz, e ssa voontade
e ssa punna y meteu.
E log' a da gran bondade
fez que lingua lle naceu
toda nova e comprida, qual ante soy' aver;
assi esta Virgen Madre lle foi conprir seu querer.
A Madre do que de terra primeir' ome foi fazer...

Esto viron muitas gentes
que estavan enton y,
e meteron mui ben mentes
no miragre, com' oý;
e a Virgen poren todos fillaron-s' a beizer,
e o crerigo na orden dos monges se foi meter.
A Madre do que de terra primeir' ome foi fazer...