Cantigas de Santa Maria/CLVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLVII


Como us romeus yan a Rocamador e pousaron en u burgo, e a ospeda furtou-lles da fara
que tragian.

Deus por sa Madre castiga a vegadas ben de chão
o que faz mal, e mui toste por ela o er faz são.

E daquest' un gran miragre mostrou a us romeus
que a Rocamador yan, que [de] ssa Madr' eran seus,
e pousaron en un burgo, com' aprix, amigos meus,
mais a ssa ospeda foi-lles mui maa de cabo são.
Deus por sa Madre castiga a vegadas ben de chão...

Ca u eles lle compraron mui ben quanto lles vendeu,
de fara que tragian tal cobiiça lle creceu
de feijoos que fezeran end', e un deles meteu
y de bon queijo rezente, ca est' era en verão.
Deus por sa Madre castiga a vegadas ben de chão...

Ela con sabor daquesto da fara lles furtou,
e depois que ss' eles foron, log' a fazer sse fillou
feijoos ben come eles; mais o demo a torvou,
que quis ende provar u, mais non lle sayu en vão.
Deus por sa Madre castiga a vegadas ben de chão...

Ca u meteu un cuitelo no feijoo por provar
a come lle saberia, pela boca o chantar
foi ben ate enas cachas, que o non pod' en tirar,
ca lle passou as queixadas mais dun palm' e ha mão.
Deus por sa Madre castiga a vegadas ben de chão...

Muitos meges y veron, mais non poderon per ren
tira-ll' ende o cuitelo per arte nen per seu sen.
E ela, quando viu esto, a Rocamador foi-ss' en
rogar a Santa Maria, u acha todo crischão
Deus por sa Madre castiga a vegadas ben de chão...

Bõo e toda crischãa que lle ben, de coraçon
roga mui gran piadade: Porend' esta foi enton
y, [e] muito chorando; e pois fez ssa confisson,
tirou-ll' un prest' o cuitelo, ca non ja celorgião.
Deus por sa Madre castiga a vegadas ben de chão...

Tan tost' aqueste miragre pela terra en redor
souberon, e deron todos poren graças e loor
aa Virgen groriosa, Madre de Nostro Sennor;
e sabede do miragre que non é muit' ancião.
Deus por sa Madre castiga a vegadas ben de cho...