Cantigas de Santa Maria/CLVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLVIII


Esta é como Santa Maria sacou de prijon un cavaleiro e mandou-lle que se fosse pera
Rocamador.

De muitas guisas los presos solta a mui groriosa,
santa e Virgen Maria, tant' é con Deus poderosa.

E de tal razon vos quero contar un mui gran miragre, que fez por un cavaleiro
bõo d'armas e de mannas e en servir un ric-ome cug' era, mui verdadeiro;
e foi pres' en seu serviço, e en carcer tevrosa
o meteron e en ferros, como gente cobiiçosa,
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa...

En tal que o espeytassen. Mas aquel sennor cug' era sobr' el mentes non parava;
e ele con mui gran coita sempre de noit' e de dia Santa Maria chamava
que acorre-lo vsse como Sennor piadosa,
e que dali o tirasse, daquela prijon nojosa.
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa...

El jazend' assi en ferros e con esposas nas mãos e cada na garganta,
aque ven Santa Maria, a Madre de Jhesu-Cristo, que as prijões quebranta,
e en llas britar mui toste non vos foi y vagarosa,
e disse-ll': «Erge-t' e vay-te daquesta prijon astrosa».
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa...

Enton deitou-ll' as prijões ao colo e sacó-o ante tod' aquela gente
que o guardavan, e nunca, pero que o yr viian, non lle disseron niente.
E tiró-o do castelo e disse-lle saborosa-
ment': «A Rocamador vai-te e passa ben per Tolosa.»
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa...

E el moveu atan toste e foi-sse quanto ss' ir pude como ll' a Santa Reynna
mandara; mas do castelo foron pos el cavaleiros. E el chegou muit' aga,
ca o non guiou a Virgen per carreira pedragosa
a Rocamador, sa casa, mas per chãa e viçosa.
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa...

E pendorou y os ferros logu' e as outras prijões que ao colo trouxera;
e contou y ant' os monges e ante toda-las gentes todo como ll' avera
e como Santa Maria en tira-lo aguçosa
fora, per que mui loada foi porend' a Preciosa.
De muitas guisas los presos solta a mui groriosa...