Cantigas de Santa Maria/CLIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLIX


Como Santa Maria fez descubrir ha posta de carne que furtaran a us romeus na vila de
Rocamador.

Non sofre Santa Maria de seeren perdidosos
os que as sas romarias son de fazer desejosos.

E dest' oyd' un miragre de que vos quero falar,
que mostrou Santa Maria, per com' eu oý contar,
a us romeus que foron a Rocamador orar
como mui bõos crischãos, simplement' e omildosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos...

E pois entraron no burgo, foron pousada fillar
e mandaron conprar carne e pan pera seu jantar
e vynno; e entre tanto foron aa Virgen rogar
que a seu Fillo rogasse dos seus rogos piadosos
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos...

Por eles e non catasse de como foran errar,
mais que del perdon ouves[s]en de quanto foran peccar.
E pois est' ouveron feito, tornaron non de vagar
u seu jantar tian, ond' eran cobiiçosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos...

E mandaran nove postas meter, asse Deus m' anpar,
na ola, ca tantos eran; mais poi-las foron tirar,
acharon end' ha menos, que a serventa furtar
lles fora, e foron todos poren ja quanto queixosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos...

E buscaron pela casa pola poderen achar,
chamando Santa Maria que lla quisesse mostrar;
e oyron en un' arca a posta feridas dar,
e d' ir alá mui correndo non vos foron vagarosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos...

E fezeron log' a arca abrir e dentro catar
foron, e viron sa posta dacá e dalá saltar;
e sayron aa rua muitas das gentes chamar,
que viron aquel miragre, que foi dos maravillosos
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos...

Que a Virgen groriosa fezess' en aquel logar.
Des i fillaron a posta e fórona pendorar
per ha corda de seda ant' o seu santo altar,
loando Santa Maria, que faz miragres fremosos.
Non soffre Santa Maria de seeren perdidosos...