Cantigas de Santa Maria/CLX

Wikisource, a biblioteca livre
< Cantigas de Santa Maria
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLX: Quen bõa dona querrá


Symphonia Cantigas Sta María 160.jpg

Esta é de loor de Santa Maria.

Quen bõa dona querrá
loar, lo' a que par non á,
Santa Maria.

E par nunca ll' achará,
pois que Madre de Deus foi ja,
Santa Maria.

Pois Madre de Deus foi ja,
e Virgen foi e seerá
Santa Maria.

E Virgen foi e será;
porende cabo del está
Santa Maria.

Poren cabo del está,
u sempre por nos rogará,
Santa Maria.

U por nos lle rogará
e del perdon nos gãará
Santa Maria.

E perdon nos gãará
e ao demo vencerá
Santa Maria.

E o demo vencerá
e nos consigo levará
Santa Maria.