Cantigas de Santa Maria/CLXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXIII


Come uun ome d' Osca, que jogava os dados, descreeu en Santa Maria e perdeu logo a
fala; e foi a Santa Maria de Salas en romaria e cobró-a.

Pode por Santa Maria o mao perde-la fala,
e ar, se sse ben repente, per ela pode cobra-la.

E desto fez un miragre a Virgen Santa Maria
mui grand' en Osca, dun ome que ena tafuraria
jogara muito os dados e perdera quant' avia;
poren descreeu na Virgen, que sol non quis recea-la.
Pode por Santa Maria o mao perder a fala...

Tanto que est' ouve dito, foi de seu corpo tolleito
polo gran mal que dissera, e, par Deus, foi gran dereito;
e logo perdeu a fala, ca Deus ouve del despeito,
que lla tolleu a desora, como se dissesse: «cala!»
Pode por Santa Maria o mao perder a fala...

Assi esteve gran tempo que dali non se mudava,
e a cousa que queria per sinaes amostrava;
e desta guisa a Salas dali levar-sse mandava,
e deu-ll' a lingua tal sõo como fogo que estala.
Pode por Santa Maria o mao perder a fala...

E catando a omagen, chorou muit' e falou logo
e diss': «Ai, Santa Maria, que me perdões te rogo,
e des aqui adeante, se nunca os dados jogo,
a mia lingua seja presa que nunca queras solta-la.»
Pode por Santa Maria o mao perder a fala...

Logo que est' ouve dito, foi de todo mui ben saõ,
e quantos aquesto viron loaron poren de chão
a Virgen Santa Maria; e aquel foi bon crischão
e des ali adeante punnou senpre en loa-la.
Pode por Santa Maria o mao perder a fala...