Cantigas de Santa Maria/CLXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXIV


Como a omage de Santa Maria de Salas deu u braado, e tremeu a terra, por un prior da
eigreja que fez tirar a força do sagrado Don Fernando, abade de Mont-Aragon.

Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada,
outrossi ar deve deles seer en todo guardada.

E desto mostrou en Salas a Virgen por un prior
que y era gran miragre, porque sempre servidor
dela fora; e porende lle fezo tan grand' amor,
que do mal que lle fezeron mostrou-ss' en por despagada.
Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada...

Este monge acusado fora aquela sazon
de mandar fazer mõeda; e por aquesta razon
fez-lo prender o ifante que foi de Mont-Aragon
abade e que a terra tia acomendada
Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada...

De mão del Rei Don James, e que justiça fazer
devia. Porend' o monge mandou tan toste prender;
e el foi-ss' aa eigreja, cuidando y guarecer,
creendo en toda guisa que non seria britada.
Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada...

Mas aquel ifant-abade fez-lo de fora chamar,
e pois que sayu a ele, mandó-o ben recadar,
e assi o fez per força do cimite[i]ro tirar.
Ond' a omagen da Virgen foi daquesto tan yrada,
Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada...

Que deu ha voz tan grande, que quantos estavan y
o oyron; e a terra tremeu, segund' aprendi,
e a omagen tan toste redrou seu Fillo de ssi,
e perdeu ssa fremosura e tornou descoorada;
Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada...

Outrossi a de seu Fillo, tan gran pesar en mostrou.
Quand' esto soub' o ifante, o monge tornar mandou,
e el con todos seus omes ena eigreja entrou
con sogas enas gargantas; tal emenda ouve dada.
Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada...

O bispo d' Osca y vo, que tev' o feito por mal,
e fez faze-la enmenda; e a omagen sen al
chegou log' a ssi seu Fillo, e esto foi gran sinal
que o feito perdõara. Pero non ouve cobrada
Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada...

Sa coor com' ant' avia, polo mal que recebeu,
e assi estede sempre; e per esto s' entendeu
quanto ll' o feito pesara, ca nunca ll' esclareceu
sa coor, nen de seu Fillo, ben des aquela vegada.
Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada...

Enton todas essas gentes que ali foran vir
por veeren tal miragre, loaron a que falir
nunca quer aos coitados nen dos seus se quer partir;
e foi des i adeante sa eigreja mais dultada.
Como deve dos crischãos seer a Virgen onrrada...