Cantigas de Santa Maria/CLXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXVII


Esta é como ha moura levou seu fillo morto a Santa Maria de Salas, e ressucitou-llo.

Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença,
valer-ll-á, pero que seja d' outra lee en creença.

Desta razon fez miragre Santa Maria, fremoso,
de Salas, por ha moura de Borja, e piadoso,
ea un fillo que avia, que criava, mui viçoso,
lle morrera mui coitado da [muy] forte doença.
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença...

Ela, con coita do fillo, que fezesse non sabia,
e viu como as crischãas yan a Santa Maria
de Salas, e dos miragres oyu que ela fazia,
e de fiar-sse na Virgen fillou mui grand' atrevença;
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença...

E comendou-ll' o menynno e guisou ssa offerenda.
Mais las mouras sobr' aquesto lle davan mui gran contenda;
mais ela lles diss': «Amigas, se Deus me de mal defenda,
a mia esperança creo que vossa perfia vença.
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença...

Ca eu levarei meu fillo a Salas desta vegada
con ssa omagen de cera, que ja lle tenno conprada,
e velarei na eigreja da mui benaventurada
Santa Maria, e tenno que de mia coita se sença.»
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença...

E moveu e foi-sse logo, que non quis tardar niente,
e levou seu fillo morto, maravillando-ss' a gente;
e pois que chegou a Salas, diss' aa Virgen: «Se non mente
ta lee, dá-me meu fillo, e farey tig' avença.»
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença...

Ha noite tod' enteira velou assi a mesquynna;
mas, que fez Santa Maria, a piadosa Reynna?
ressucitou-lle seu fillo, e esto foi muit' aga;
ca a ssa mui gran vertude passa per toda sabença.
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença...

Quand' aquesto viu a moura, ouv' en maravilla fera,
ca ja tres dias avia que o fillo mort' ouvera;
e tornou logo crischãa, pois viu que llo vivo dera
Santa Maria e sempre a ouv' en gran reverença.
Quen quer que na Virgen fia e a roga de femença...