Cantigas de Santa Maria/CLXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXVIII


Esta é dun miragre que fez Santa Maria de Salas por ha moller de Lerida que lle
morreron seus fillos, e o postremeiro ressucitou-llo Santa Maria, que avia tres dias
que era morto.

En todo logar á poder
a Virgen a quen quer valer.

Seu Fillo, Deus e om' e Rey,
poder lle deu, qual vos direy,
de fazer sempre ben; e sei
que non lle fal end' o querer.
En todo logar á poder...

De saber tan sabedor é,
que ben du con seu Fillo sé
dali mostra, per bõa fe,
que mui longe vai seu saber.
En todo logar á poder...

E dest' en Lerida mostrou
un miragre, que mi contou
un crerigo, que o achou
escrito e mio foi trager.
En todo logar á poder...

E o miragre foy assy:
Ha moller morava y
que seus fillos, com' aprendi,
en pouco tenpo foi perder.
En todo logar á poder...

Do postremeiro que morreu
tan gran coita dele prendeu
que a poucas ensandeceu;
e fillou-ss' assi a dizer:
En todo logar á poder...

«Ai, Madre de Nostro Sennor,
pero eu sõo pecador,
dá-m' este meu fillo mor
vivo, se te jaz en prazer.»
En todo logar á poder...

E dous dias o tev' enton
chorando mui de coraçon,
rogando con gran devoçon,
atendendo seu ben fazer.
En todo logar á poder...

E pois viu que non resurgiu,
en un eirado o sobiu
e contra Salas comediu
que o yria alt' erger.
En todo logar á poder...

E tan toste assi o fez,
e a Reynna de gran prez
ressucitou-llo dessa vez
e fez-llo nos braços viver.
En todo logar á poder...

E log' a moller sen tardar
foy-o aas gentes mostrar,
e começaron a loar
a Virgen e a beizer.
En todo logar á poder...