Cantigas de Santa Maria/CLXX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXX


Esta é de loor.

Loar devemos a que sempre faz
ben e en que toda mesura jaz.

Esta é Madre de Nostro Sennor,
Santa Maria, que sempr' é mellor;
poren lle devemos a dar loor
e nona podemos loar assaz.
Loar devemos a que sempre faz...

Ca, en qual guisa podemos loar
muit' a aquela que nos foi mostrar
a Deus en carne e nos fez salvar
e nos meteu dos santos en ssa az?
Loar devemos a que sempre faz...

Par Deus, loada mui de coraçon
deve seer dos que no mundo son;
ca us faz salvar, outros perdon
gaanna[n], e o mundo met' en paz.
Loar devemos a que sempre faz...

Loada deve seer mais d' outra ren
a que tolle mal senpr' e trage ben
e por nos roga, e que nos manten
e nos defende do demo malvaz.
Loar devemos a que sempre faz...

De mi vos digo que a loarei
mentre for vivo, e sempre direi
ben dos seus bes, ca de certo sei
que, pois morrer, que verei a sa faz.
Loar devemos a que sempre faz...