Cantigas de Santa Maria/CLXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXVIII


Esta é dun meno de Alcaraz a que seu padre dera ha muleta, e morreu-lle; e
encomendou-a a Santa Maria de Salas, e levantou-sse sãa.

A que faz o ome morto resurgir sen nulla falla,
ben pode fazer que viva outra morta animalla.

Desto mostrou, un miragre a Madre do Salvador,
mui grande, por un meno que fillo dun lavrador
era; e poi-lo oyrdes, averedes en sabor
e loaredes a Virgen que senpre por nos traballa.
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla...

Ao lavrador nacera muleta, com' aprix eu,
en ssa casa, fremosa, que log' a seu fillo deu,
e faagando-o muito, dizendo: «Este don teu
seja daquesta muleta, e dar-te-ll-ei org' e palla.»
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla...

O moço creeu aquesto e prougue-lle daquel don,
e penssou ben da muleta quanto pude des enton;
mas ha noite morreu-lle, e por aquesta razon
levou o padre seu fillo por non saber nemigalla
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla...

Ao ero u lavrava. Mas la madre, que ficou
na casa, aquela mua morta logo a fillou
e chamou un seu colaço e esfola-la mandou,
cuidando aver do coiro cinco soldos e mealla.
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla...

Eles en esto estando, o lavrador foi chegar
do ero, e o menynno, viu ssa mua esfolar
e diss' a mui grandes vozes: «Leixad' a mua estar,
ca eu a dei ja a Salas, e ben tenno que me valla.»
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla...

A muleta ja avia ambo-los pees de tras
esfolados, e a madre diss' a seu fillo: «Ben ás
sen de meno, que cousa morta aa Virgen dás,
ca tant' é aquesto como non lle dares nemigalla.»
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla...

Por quanto ela dizia o menyno non deu ren,
mas decingeu log' cinta e a mua mediu ben,
e fez estadal per ela que ardess' ant' a que ten
voz ante Deus dos culpados e cono demo baralla.
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla...

O estadal enviado, e a muleta viveo.
Quand' esto viu o meno, gran prazer en recebeo
e deu-ll' enton que comesse, e a muleta comeo,
loando todos a Virgen, a que Deus deu avantalla
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla...

Sobre todos outros santos. Poren roguemos-ll' atal
que nos guard' en este mundo d' ocajon e d' outro mal
e que nos dé eno outro a vida esperital,
e que brite o diabo, que sempr' é nossa contralla.
A que faz o ome morto resorgir sen nulla falla...