Cantigas de Santa Maria/CLXXX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXX


Esta é de loor de Santa Maria.

Vella e Mina,
Madr' e Donzela,
Pobre e Reynna,
Don' e Ancela.

Desta guisa deve Santa Maria
seer loada, ca Deus lle quis dar
todas estas cousas por melloria,
porque lle nunca ja achassen par;
e por aquesto assi a loar
deviamos senpre, ca por nos vela.
Vella e Mina...

Ca Vella é, segund' a profecia
que Salamon foi dela profetar,
que ante do mundo foi todavia
criada, e que nunc' á de minguar
o seu gran ben; e porend' encarnar
quis Deus en ela, que todo caudela.
Vella e Mina...

E tod' ome Men a devia
en todo tempo per razon chamar,
pois en bondade crece cada dia
e en beldade, de que sse pagar
foi tanto Deus, que por ela salvar
deceu no mundo da sa alta sela.
Vella e Mina...

Con razon nossa Madr' é que nos cria
e sempre punna de mal nos guardar,
e criou Deus, que a criad' avia,
que foi seu Fill' e ouve de criar,
que por nos foi o iferno britar
e o dem' e toda ssa alcavela.
Vella e Mina...

De como é Donzela, Ysaýa
en sas profecias o foi mostrar,
u disse que virgen conceberia
e parria om' e Deus, sen dultar,
o que nos fez Paraiso cobrar
que perdemos per Eva a mesela.
Vella e Mina...

Como foi Pobre, queno osmaria,
a que seu Fillo Deus ya deitar
no preseve, ca aver non podia
un pano en que o envurullar
senon sa touca, ca eno logar
sol non acharon y h' almocela?
Vella e Mina...

Por Reynna tod' ome a terria
que a visse a seu Fillo levar
daqueste mund', e sigo a sobia
ao ceo, u ssé con el a par
e guia-nos com' Estrela do Mar;
poren dizemos: «Ave maris stela.»
Vella e Mina...

Outra Dona seer non poderia
atal com' esta, ca Deus foi juntar
en ela prez e sen e cortesia
e santidade, u mercee achar
pode tod' ome que a demandar;
e con tod' esto, nunca nos revela.
Vella e Mina...

Ancela se chamou u lle dizia
o angeo Gabriel que fillar
Deus en ela carne d' ome verria,
e como serva se foi omildar
u lle disse: «Farei quant' el mandar.»
E log' ali fez Deus ssa cela.
Vella e Mina...

Poren lle rogo que quer' amparar
a mi de mal, e Leon e Castela.
Vella e Mina...