Cantigas de Santa Maria/CLXXXIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXXIX


Esta é como un ome que ya a Santa Maria de Salas achou un dragon na carreira e
mató-o, e el ficou gafo de poçon, e pois sãou-[o] Santa Maria.

Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon,
pois madr' é do que trillou o basilisqu' e o dragon.

Dest' avo un miragre a un ome de Valença que ya en romaria
a Salas soo senlleiro, ca muit' ele confiava na Virgen Santa Maria;
mas foi errar o camynno, e anoiteceu-ll' enton
per u ya en un monte, e viu d'estranna faiçon
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon...

A ssi vir ha bescha come dragon toda feita, de que foi muit'espantado;
pero non fugiu ant' ela, ca med' ouve se fogisse que seria acalçado;
e aa Virgen beita fez logo ssa oraçon
que o guardasse de morte e de dan' e d' ocajon.
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon...

A oraçon acabada, colleu en ssi grand' esforço e foi aa bescha logo
e deu-ll' ha espadada con seu espadarron vello, que a tallou per meogo,
assi que en duas partes lle fendeu o coraçon;
mas ficou enpoçõado dela des essa sazon.
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon...

Ca o poçon saltou dela e feriu-o eno rosto, e outrossi fez o bafo
que lle saya da boca, assi que a poucos dias tornou atal come gafo;
e pos en ssa voontade de non fazer al senon
yr log' a Santa Maria romeiro con seu bordon.
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon...

Aquesto fez el muy cedo e meteu-ss' ao camo con seu bordon ena mão;
e des que chegou a Salas chorou ant' o altar muito, e tan toste tornou são.
E logo os da eigreja loaron con procisson
a Virgen, que aquel ome guariu de tan gran lijon.
Ben pode Santa Maria guarir de toda poçon...