Cantigas de Santa Maria/CLXXXVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXXVIII


Esta é da donzela que amava a Santa Maria de todo seu coraçon; e quando morreu,
feze-a seu padre abrir porque põya a mão no coraçon, e acharon-lle fegurada a omage
de Santa Maria.

Coraçon d' om' ou de moller que a Virgen muit' amar,
maca-lo encobrir queiran, ela o faz pois mostrar.

Desto ela un miragre mostrou, que vos eu direi,
a que fix bon son e cobras, porque me dele paguei;
e des que [o] ben ouverdes oido, de certo sei
que averedes na Virgen poren mui mais a fiar.
Coraçon d' om' ou de moller que a Virgen muit' amar...

Esto por ha donzela mostrou a Sennor de prez,
que mui de coraçon senpre a amou des menynnez
e servia de bon grado; poren tal amor lle fez,
que o ben que lle queria non llo quis per ren negar.
Coraçon d' om' ou de moller que a Virgen muit' amar...

Esta donzela tan muito Santa Maria amou,
que, macar no mund' estava, por ela o despreçou
tanto, que per astença que fazia enfermou,
e un mes enteiro jouve que non pode ren gostar
Coraçon d' om' ou de moller que a Virgen muit' amar...

Do que a comer lle davan e a bever outrossy.
E pero que non falava, segund[o] com' aprendi,
se lle de Santa Maria falavan, en com' oý,
ao coraçon a mão ya tan toste levar.
Coraçon d' om' ou de moller que a Virgen muit' amar...

A madre, que ben cuidava que era doente mal
e que o põer da mão era ben come sinal
que daquel logar morria; e quis Deus, non ouv' y al,
que a ssa Madre beita a fosse sigo levar.
Coraçon d' om' ou de moller que a Virgen muit' amar...

O padr' e a madre dela, quando a viron fir,
cuidaron que poçon fora e fezórona abrir;
e eno coraçon dentro ll' acharon y sen mentir
omagen da Groriosa, qual x' ela foi fegurar.
Coraçon d' om' ou de moller que a Virgen muit' amar...

E dest' a Santa Maria deron poren gran loor
eles e toda-las gentes que eran en derredor,
dizendo: «Béeita sejas, Madre de Nostro Sennor,
que a ta gran lealdade non á nen averá par.»
Coraçon d' om' ou de moller que a Virgen muit' amar...