Cantigas de Santa Maria/CLXXXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXXVII


Esta cantiga é do mõesteiro de Jherusalem, como lles deu Santa Maria muito trigo en
un ano caro e depois muito ouro.

Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

E dest', amigos, un miragre direi
que fez a Virgen, Madre do alto Rei,
en un mõesteiro de Jerusalem, com' achei,
que fazer mandou aquesta Sennor que nos guia,
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

Que sinagoga primeiro de judeus
foi, e vendérona os maos encreus
aos santos Apostolos, muit' amigos de Deus;
esta foi a primeira eigreja de Suria.
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

Santa Maria en aquela sazon
morava na vila en Monte Syon
e mandara aquela eigreja fazer enton,
que foi depois de monges mui grande abadia.
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

Mas un tenpo foi que ouveran d' ermar
con fam' os monges aquel santo logar;
mas o seu abade lles disse: «Vaamos rogar
ant' aa Virgen que acorra a ssa mongia.»
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

Logo o fezeron sen tardar de ren
e choraron muit' ant' a que nos manten,
e toda aquela noite ar rezaron des en
ynos e cantigos todos a mui gran perfia.
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

E outro dia acharon tanto pan
que os orreos foron chos de pran,
que lles deu Santa Maria sen prender y afan,
ond' o convent' ouve quanto en mester avia.
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

Mas depois a tempo lles avo mal,
que ouve na terra gran fame mortal,
assi que todos enton cuidaran morrer sen al;
e o abade, muito chorando, lles dizia:
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

«Nenbre-vos, amigos, en com' outra vez
a gran mercee que vo-la Virgen fez
do triigo, que sabedes que tornou tan rafez,
que toda a gente do que nos deu guarecia.
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

Poren lle roguemos que o Fillo seu
rogue, que aquel pan tan muito nos deu,
que nos acorrer queira en est[e] ano tan greu,
ca muito mais ca esto por ela nos faria.»
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

E os monges todos fezeron assi
e oraron muito, per com' aprendi,
toda aquela noit'; e na luz acharon aly
mui gran cousa d' ouro no altar, que reluzia.
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

O abade muito sse maravillou
e ao tesoureiro empreguntou
se vir alga gente que na eigreja entrou,
que tan gran tesouro com' aquel sigo tragia.
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.

El lle jurou muito par Nostro Sennor
que nunca daquelo fora sabedor;
enton o convento deu end' aa Virgen loor,
porque lle atan ben deu quanto mester avia.
Gran fe devia om' aver en Santa Maria.