Cantigas de Santa Maria/CLXXXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXXVI


Esta é como Santa Maria guardou ha moller do fogo, a que querian queimar.

Quen na Virgen santa muito fiará,
se o vir en coita, acorre-lo-á.

E dest' un miragre quero retraer
que Santa Maria fez por acorrer
a ha dona que ouvera d' arder
se lle non valesse la que poder á.
Quen na Virgen santa muito fiará...

Aquesta dona casada era ben
con marido que amava mais d' al ren,
e en Santa Maria todo seu sen
avia ena servir por sempre ja.
Quen na Virgen santa muito fiará...

O marido a amava mui mais d' al;
mais ssa sogra lle queria tan gran mal,
per que lle buscou morte descomal,
como vos per mi ora dito será.
Quen na Virgen santa muito fiará...

E un dia que dormindo a achou
soa, a un seu mouro logo mandou
deitar-sse con ela; e pois se deitou,
foi a seu fillo e disse: «Ven acá;
Quen na Virgen santa muito fiará...

A ta moller que amavas mais ca ti,
se a visses como a ora eu vi
ter un mour' en seu leito cabo si,
ben tenno que muito ch' ende pesará.»
Quen na Virgen santa muito fiará...

Quand' el est' oyu, ouv' en mui gran pesar;
e a madre pela mão o fillar
foi, e des i levó-o ao logar
e disse-lle: «Ves ta moller com' está!»
Quen na Virgen santa muito fiará...

E el mata-la quisera log' enton,
mais la madre lle disse: «Non faças, non;
mais aa jostiça mostra ta razon,
e veerás que dereito che dará.»
Quen na Virgen santa muito fiará...

El foi e a jostiça fezo vir
e outros muitos con ele, sen mentir;
e viron a dona no leito dormir
e o mouro, e disseron: «Que será
Quen na Virgen santa muito fiará...

Daquesta moller que tan gran torto fez,
que desconnoceu Deus e o mund' e prez,
que fez feito mao, vil e tan rafez?
E por aquesto no fogo arderá,
Quen na Virgen santa muito fiará...

Ca dereit' é». E, per com' end' aprix eu,
fillaron a dona, que lle foi mui greu
quando sse viu presa con aquel encreu
e diss': «Ai, Sennor, val-me, ca mester m' á,
Quen na Virgen santa muito fiará...

Santa Maria Virgen, se te prouguer,
ca en mayor coita nunca foi moller;
e poren tenno que quen en ti crever
que nunca en ta mercee falirá.»
Quen na Virgen santa muito fiará...

E dizend' aquesto, logo manaman
levaron a don' a ha praça gran,
outrossi o mouro, que era ben tan
negro come pez. E as gentes alá
Quen na Virgen santa muito fiará...

Foron mui corrend', e tod' en derredor
lles poseron fogo, non vistes mayor;
e ardeu o mouro falsso traedor,
mais ficou a dona como quen está
Quen na Virgen santa muito fiará...

Dentr' en ha casa, que nunca sentiu
ren daquele fogo. E a gente viu
cabo dela outra, e falar oyu,
que depois non viron alá nen acá.
Quen na Virgen santa muito fiará...

E daquesta guisa o mouro ardeu
que niun sinal sol del non pareceu;
e a dona do fogo remãeceu
salva per aquela que nos salvará.
Quen na Virgen santa muito fiará...

E pois foi del fora, a dona fiel
contou que a Madre de Deus Manuel
a livrara dele, e miragre bel
fez aquela que muitos outros fará.
Quen na Virgen santa muito fiará...