Cantigas de Santa Maria/CLXXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CLXXXV


Como Santa Maria amparou o castelo que chaman Chincoya dos mouros que o querian
fillar.

Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer,
en qual logar quer que sejan, e os de mal defender.

E dest' oý un miragre que avo pouc' á y
en Chincoya, un castelo, per quant' end' eu aprendi,
que fezo Santa Maria; e aos que o oý
ataes omees eran a que devemos creer.
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

Aqueste castelo ést[e] eno reino de Geen,
e un alcaid' y avia que o guardava mui ben;
mais de guarda-lo a cima lle mengou muito o sen,
assi que per pouc' un dia o ouvera de perder.
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

Este grand' amor avia con un mouro de Belmez,
que do castel' alcald' era; mas o traedor, que fez?
Falou con rei de Grãada e disse-lle: «Desta vez
vos darei eu o castelo de Chincoya en poder.»
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

Diss' el: «Como?» Respos-ll' ele: «Se eu vosso poder ei,
mia fala cono alcaide pera un dia porrei;
e estando ena fala, ben ali o prenderei,
e desta maneira tenno que o podedes aver.»
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

E diss' el rei de Grãada: «Eu por mi, u a[l] non á,
quero alá yr contigo e verei o que será;
mais se me tu desto mentes, log' y al non averá,
che mandarei a cabeça d' antr' os teus ambros toller.»
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

Desta maneira gran medo a aquel mouro meteu
el rei, e da outra parte grand' aver lle prometeu
se lle désse o castelo; e logo con el moveu,
e o mouro o alcaide de Chincoya foi veer.
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

E disse-lle que saisse con el seu preito firmar
ante crischãos e mouros dos que eran no logar,
que o guardasse, ca ele queria a el guardar,
e sobr' esto fossen ambos sas juras grandes fazer.
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

O alcaide de Chincoya, que non cuidava que mal
desto se ll' alevantasse, foi alá logo sen al
e levou dous escudeiros, que lle disseron atal:
que med' avian do mouro que o queria trager.
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

«Demais, non levades arma e ydes assi en cos,
e com' os mouros son falssos, quiça travarán de vos;
o porend' ao castelo nos queremos tornar-nos.»
E tornaron-sse correndo e foron-se en el meter.
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

O alcaide por tod' esto sol cabeça non tornou,
mas por chegar ao mouro logo o rio passou;
e pois a el foi chegado, log' el prende-lo mandou,
des i al rei de Grãada o fezo preso trager,
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

Que estava na ciada. E disse-ll' esta razon:
que lle dissess' a verdade do castelo e, se non,
escabeça-lo faria. Diss' el: «Se Deus me perdon,
no castelo á quinz' omes, mais non ten que comer.»
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

Tan tost' el rei de Grãada ssa ciada fez sair
e dereit' ao castelo logo começou-sse d' ir,
e mandou ao alcaide que sse o castelo pedir
foss' aos que y leixara, se non queria morrer.
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

El[e] com medo de morte log' o castelo pediu,
e dos que dentro estavan atal resposta oyu
que per fe non llo darian. Quand' el rei aquesto viu,
fez log' a toda ssa gente o castelo combater
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

A pedras e a saetas mui de rrig' en derredor.
E os que dentro jazian ouveron tan gran pavor
que fillaron a omagen da Madre do Salvador
que estava na capela, desi fórona põer
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

Ontr' as amas, dizendo: «Se tu es Madre de Deus,
deffend' aqueste castelo e a nos, que somos teus,
e guarda a ta capela que non seja dos encreus
mouros en poder, nen façan a ta omagen arder.»
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

E leixárona dizendo: «Veremo-lo que farás.»
Entonç' os conbatedores tornaron todos atras;
e tres mouros que entraran, chus negros que Satanas,
no castelo, os de dentro os fezeron en caer
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

Mortos de cima do muro. E diss' el rei: «Nulla prol
non ei de mais conbatermos, e téer-m-ia por fol
sse contra Maria fosse, que os seus defender sol.»
E mandou tanger as tronbas e fez ssa oste mover.
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...

E desta guisa Chincoya guardou a que todos dan
loores por ssa bondade, ca mui gran dereit' y an,
porque os seus mui ben guarda e aos outros affan
dá que contra ela ven, e faz vençudos seer.
Poder á Santa Maria grande d' os seus acorrer...