Cantigas de Santa Maria/CXCI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXCI


Como a alcaydessa caeu de Cima da pena de Roenas d'Alvarrazin, e chamou Santa Maria e
non se feriu.

O que de Santa Maria sa mercee ben gaanna,
de tod' ocajon o guarda, ja non será tan estranna.

Dest' avo gran miragre, per com' a mi foi mostrado,
a ha moller que era dun castelo que chamado
é Roenas, que en termio d'Alvarrazin é poblado,
en cima da gran pena, ben en cabo da montanna.
O que de Santa Maria ssa mercee ben gaanna...

O alcalde do castelo era un pobr' escudeiro
que fora por ssa soldada, cuidand' end' algun deiro
aver; mais polo castelo non ficar assi senlleiro,
ficou y a alcaydessa, e que fillar foi per manna
O que de Santa Maria ssa mercee ben gaanna...

D' ir cada dia por agua mui longe a ha fonte
que nacia en un vale juso a pe desse monte,
yndo per un semedeiro. E mui ben que vos eu conte
como ll' avo u ya, pera fillardes façãya
O que de Santa Maria ssa mercee ben gaanna...

De servirdes ben a Virgen, que esta muito servia.
E quand' en cima da pena foi, de que decer queria
contra a fonte por agua, un tal vento a feria
que a espennou de cima, chamand' a Virgen sen sanna
O que de Santa Maria ssa mercee ben gaanna...

Que lle valvess'. E tan toste foi ssa oraçon oyda;
ca pero caeu mui d' alte, non foi morta nen ferida,
mas ergeu-ss' e deu loores a[a] Virgen mui conprida
de ben; e este miragre souberon per tod' Espanna.
O que de Santa Maria ssa mercee ben gaanna...