Cantigas de Santa Maria/CXCII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXCII


Como Santa Maria livrou u mouro a que queria fillar o demo, e feze-o tornar
crischão.

Muitas vegadas o dem' enganados
ten os omes, porque lle[s] faz creer
muitas sandeces; e taes pecados
desfaz a Virgen por seu gran saber.

E desto contado
vos será per mi
miragr' e mostrado
quant' end' aprendi,
fremos' aficado,
e ben ascuitado
será, per meu grado,
e dev' a seer,
que o muit' onrrado
Deus, e acabado
pola de que nado
foi, quiso fazer.
Muitas vegadas o dem' enganados...

En Conssogr' avia
un bon om' atal
que Santa Maria
amava mais d' al,
e mui gran perfia
por ela prendia
sempre cada dia,
com' oý dizer,
con un d' Almaria
mouro, que dizia
que ren non valia
o seu gran poder.
Muitas vegadas o dem' enganados...

Aqueste mour' era
daquel om' e seu
cativo, e fera-
ment' era encreu;
e ja o quisera
de grad' e fezera
crischão e dera
lle de seu aver.
Mais non podera,
macar lo dissera,
con el, ca tevera
sempr' en descreer
Muitas vegadas o dem' enganados...

Ena Groriosa,
e a razõar
mal e soberviosa-
ment' e desdennar
que era 'ng[an]osa
muit' e mentirosa
sa fe e dultoa
e sen prol ter;
e tal revoltosa
cous' e enbargosa
e d' oir nojosa
non é de caber.
Muitas vegadas o dem' enganados...

O om' entendudo
foi e de bon sen
e apercebudo
de guardar mui ben
o mouro barvudo,
falss' e descreudo;
e come sisudo
o mandou meter
en logar sabudo
d' aljub' ascondudo,
e dentr' estendudo
o fezo jazer.
Muitas vegadas o dem' enganados...

El ali jazendo,
o demo chegou,
e logo correndo
en ele travou;
mais defendendo
ss' o mour' e tremendo
muit' e contendendo,
ll' o dedo coller
na boqu' e gemendo
e fort' estrengendo
tod' e desfazendo,
llo fezo perder.
Muitas vegadas o dem' enganados...

Daquesta maneira
duas noites fez;
mais aa terceira
a Sennor de prez,
a mui verdadeira
e Virgen enteira,
come luméeyra
sse lle fez veer,
e deu-lle carreira
per que na fogueira
d' inferno que cheira
non podess' arder.
Muitas vegadas o dem' enganados...

E disse: «Pagão,
sse queres guarir,
do demo de chão
t' ás a departir
e do falsso, vão,
mui louco, vilão
Mafomete cão,
que te non valer
pode, e crischão
te faz e irmão
nosso, e loução
seie sen temer.»
Muitas vegadas o dem' enganados...

Poi-lo castigara,
el lle respondeo
que en quant' andara,
todo falleceo,
e que mal mercara
de que non fillara
bautism', e errara
en seu connocer
por quanto viltara
a fii tan cara.
«Mais mannãa crara
querrei receber
Muitas vegadas o dem' enganados...

A fe dos Romãos;
ca connosco ben,»
diss' el, «que pagãos
andan con mal sen
a guisa de vãos,
ca non son certãos
d'a lee dos crischãos
per ren manter,
nen come louçãos,
mais com' antivãos
contra Mec' a[s] mãos
punnan de tender.»
Muitas vegadas o dem' enganados...

Quando foi mannãa,
daly o sacou,
seu dono; e chãa-
mente lle contou
que viu da louçãa
Virgen, que nos sãa
e nos da maçãa,
fez perdon aver:
«Porend' a crischãa,
comprida, certãa
lee, e non vãa,
quero manter.»
Muitas vegadas o dem' enganados...

Sa razon fida,
fez-lo bautizar
seu don', e conprida-
ment' e muit' onrrar.
E de bõa vida
foi pois, e servida
del a que convida-
nos a gran prazer
de dar sen falida,
qual non foi oyda,
d' avermos guarida
sen nunca morrer.
Muitas vegadas o dem' enganados...