Cantigas de Santa Maria/CXCIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXCIII


Como Santa Maria guardou de morte u mercadeiro que deitaron no mar.

Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra
á poder Santa Maria, Madre do que tod' ensserra.

E daquest' un gran miragre vos direi e verdadeiro,
que fezo Santa Maria, Madre do Rei josticeiro,
quand' o Rei Lois de França a Tunez passou primeiro
con gran gente per navio por fazer a mouros guerra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

En ha nave da oste, u gran gente maa ya,
un mercador y andava que mui grand' aver tragia;
e porque soo entrara ontr' aquela conpania,
penssaron que o matassen pera despender na guerra
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

O aver que el levava. E [tal] conssello preseron
que eno mar o deitassen, e un canto lle poseron
odeito aa garganta e dentro con ele deron.
Mais acorreu-ll[e] a Virgen que nunca errou nen erra,
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

Que aly u o deitaron tan tost' ela foi chegada
e guardou-o de tal guisa, que sol non lli noziu nada
o mar nen chegou a ele, esto foi cousa provada;
ca o que en ela fia, en ssa mercee non erra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

E ele ali jazendo u o a Virgen guardava,
a cabo de tercer dia outra nav' y aportava;
e un ome parou mentes da nav' e vyu com' estava
aquel ome so a agua, e diz: «Mal aja tal guerra
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

U assi os omes matan en com' a este mataron.»
E dando mui grandes vozes, os da nave ss' y juntaron,
e mostrou-lles aquel ome; e logo por el entraron
e sacárono en vivo, en paz e sen outra guerra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

E poi-lo om' a cabeça ouve da agua ben fora,
catou logo os da nave e falou-lles essa ora
e disse-lles: «Ai, amigos, tirade-me sen demora
daqui u me deitou gente maa que ameud' erra.»
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

Quando os da nav' oyron falar, espanto prenderon,
ca tian que mort' era; mais pois lo ben connoceron
e lles el ouve contado como o no mar meteron,
disseron: «Mal aja gente que contra Deus tan muit' erra.»
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

E depois lles ar contava como sempre as vigias
el jajava da Virgen e guardava os seus dias;
e porend' o guardou ela e feze-lle no mar vias
que o non tangess' a agua e lle non fezesse guerra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

«E porque entendeu ela que prendera eu engano,
log' entre mi e as aguas pos com' en guisa de pano
branco, que me guardou senpre, per que non recebi dano;
poren por servir a ela seerei en esta guerra.»
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

Quando os da nav' oyron esto, mui grandes loores
deron a Santa Maria, que é Sennor das sennores;
e pois foron eno porto, acharon os traedores
e fezeron justiça-los como quen atan muit' erra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...

Poi-la jostiça fezeron, o mercader entregado
foi de quanto lle fillaran quando foi no mar deitado;
e el dali adeante sempre serviu de grado
a Virgen Santa Maria sen faliment' e sen erra.
Sobelos fondos do mar e nas alturas da terra...