Cantigas de Santa Maria/CXCIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXCIV


Como Santa Maria livrou u jograr dus que o querian matar e lle querian fillar o que
tragia.

Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso,
assi é contra os maos mui fort' e mui temeroso.

Dest' avo un miragre en terra de Catalonna
dun jograr que ben cantava e apost' e sen vergonna;
e andando pelas cortes, fazendo ben ssa besonna,
a casa dun cavaleiro foi pousar cobiiçoso,
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...

Que lle deu aquela noite ben quanto mester avia.
Mais da besta e dos panos que aquel jograr tragia
aquel cuteif' avarento tal cobiiça ll' en crecia,
que mandou a un seu ome mao e mui sobervioso
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...

Que lle tevess' a carreira con outro de ssa conpanna
en un logar encuberto dentr' en alga montanna.
E esto fez el de grado, ca xo avia por manna,
ca en fazer maos feitos non vos era vagaroso;
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...

E dessa natura mesma levou sig' un conpanneiro.
E o jograr espediu-sse mannãa do cavaleiro;
e des que foi no camo e o viron yr senlleiro,
aqueles dous o prenderon en un logar mui fragoso,
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...

E logo daquel camynno mui longe o alongaron,
e do que sigo tragia nulla ren non lle leixaron;
des i que o degolassen ontre ssi o acordaron,
mais nono sofreu a Virgen nen seu Fillo grorioso.
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...

E estando en perfia de qual deles o matasse,
deitaron ontre ssi sortes quen primeiro começasse;
mas non quis Santa Maria que tal feito s' encimasse,
ca el diss' a grandes vozes: «Madre do Rei piadoso,
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...

E val-m' e que me non maten me defende sen demora.»
Eles, quand' aquest' oyron, tiraron-sse log' afora
e os sentidos perderon dos corpos en essa ora,
que sol falar non poderon. E o jograr perdidoso
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...

De quanto ali trouxera, pois viu que assi estavan
catando-sse u con outro e que non se falavan,
fillou todo o seu logo e foi-ss'; e eles ficavan
con mui gran pavor de morte. Feito tan maravilloso
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...

Se foi nunca niun ome que dele falar oisse,
que por ementar o nome da Virgen ren non sentisse
ome do corpo; mais esto ant' a profeta o disse,
que come azes paradas era seu nom' espantoso.
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...

O jograr sse foi sa via, dando mui grandes loores
aa Virgen groriosa, acorro dos peccadores;
e quantos aquesto oyron, os grandes e os mores,
teveron este miragre por nobr' e por piadoso.
Como o nome da Virgen é aos bõos fremoso...