Cantigas de Santa Maria/CXCV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXCV


Como Santa Maria fez que onrrassen o cavaleiro que morreu no torneamento, porque
guardou a sa festa.

Quena festa e o dia
da mui Groriosa
quiser guardar todavia,
seer-ll-á piadosa.

E desto contado
per mi mui de grado
será e mostrado
que a que nos guia,
a mui Preciosa,
fez miragre sinaado,
come poderosa,
Quena festa e o dia...

Dun bon cavaleiro
d' armas, que senlleiro
con seu escudeiro
a un tornei ya
e viu mui fremosa
mena en un terreiro
e muit' amorosa.
Quena festa e o dia...

El nunca quisera
casar, mas mui fera-
mente garçon era;
poren lle fazia
ssa luxuriosa
voontade que ouvera
sempr' e boliçosa,
Quena festa e o dia...

Que a cobiiçasse
e a demandasse
e sigo levasse,
e que averia
noite mui viçosa,
se con ela albergasse,
e mui saborosa.
Quena festa e o dia...

A seu padr' agynna
mandou da menynna,
dessa fremosynna,
que el lle daria
per que menguadosa
nunca fosse nen mesqa,
mais sempr' avondosa.
Quena festa e o dia...

E el con pobreza,
por gãar requeza
fez grand' avoleza,
disse que querria;
e mui vergonnosa-
mente lla deu con vileza,
ca non por esposa.
Quena festa e o dia...

Pois lla outorgada
ouve [e] levada
dentr' a ssa pousada,
ela sse changia,
dizend': «Ai, coitosa,
nunca mais serei chamada
virgen omildosa.»
Quena festa e o dia...

U ela chorava,
el lle demandava
como sse chamava.
Diss' ela: «Maria
a malavegosa,
que en quant' eu receava
ca com' astrosa;
Quena festa e o dia...

Ca sempr' eu guardara,
pois sabad' entrara,
sa noit' e punnara
de ter vigia
pola desejosa
vida gãar, que achara
certa, non dultosa.»
Quena festa e o dia...

Quand' el est' oydo
ouve, esmarrido
foi e mui partido
do que cometia;
e ant' a chorosa
se connoceu por falido,
pois religiosa
Quena festa e o dia...

Era ben na mente.
Poren mantenente
a un seu sergente
diz: «A abadia
que é en Tolosa
mi leva, de San Clemente,
esta querelosa.
Quena festa e o dia...

[E di log' a essa]
que é abadessa,
que nunca condessa
sigo colleria
que mais proveitosa
lle seja, ca, mia promessa,
non é revoltosa.»
Quena festa e o dia...

Ey-la no convento,
e el, non con cento,
no torneamento,
u morte prendia
mui perigoosa;
e [y] ouv' enterramento
na praça ervosa.
Quena festa e o dia...

O convent' estando
a el asperando
muit' e preguntando
quando chegaria;
mais lá mui queixosa
a moça foi por el, quando
ouve sospeytosa
Quena festa e o dia...

Sa vida, e forte
temeu del sa morte.
Mas deu-ll' en conorte
de noit' u durmia
a mui Graciosa,
dizendo: «Daquel ssa sorte
non é temerosa,
Quena festa e o dia...

Ca ja é na vida
santa e comprida.
Mas tu sen falida
mia messageria
faz com' aguçosa
à abadessa, que ida
faça mui trigosa
Quena festa e o dia...

Ali u lidaron,
ca ben y mataron
e ar enterraron
aquel que t' avia
por muit' enganosa-
mente, e a el tiraron
daquest' amargosa
Quena festa e o dia...

Vida e deserta;
de que será certa
quando vir aberta-
mente que nascia
ha deleytosa
rosa; poren sen referta
vaa y goyosa.»
Quena festa e o dia...

A moça, que sage
foi, aquel viage
fez com' é usage;
foi quant' ir podia
aa mui briosa
abadess' e seu message
contou mederosa-
Quena festa e o dia...

Ment'. E ela disse:
«Non foi quen oysse
nunca neno visse
est' e eu sandia
e mui revatosa
seria sse y saisse
por ti, mentirosa.»
Quena festa e o dia...

A moç' esperduda
sse foi, e viuda
a Virgen sannuda
ouve que dizia:
«Torn' à orgullosa
abadessa atrevuda
e mui desdennosa,
Quena festa e o dia...

E dá-lle synaes
de pecados taes
que fez mui mortaes,
per que yr devia
aa espantosa
perdiçon, porque fez maes
come vil lixosa.»
Quena festa e o dia...

A moça mui quedo
llo diss' e con medo.
E a dona cedo
meteu-sse na via
muit' apressurosa-
ment', e non guardou degredo,
e foy affanosa
Quena festa e o dia...

En desoterra-lo
e dali leva-lo
e depois deita-lo
como merecia;
ca maravillosa
vertude fez en mostra-lo
a mui vertuosa.
Quena festa e o dia...

Daly adeante
foi mui ben andante
a moça, que ante
muito mal soffria
da mui despeitosa
abadessa de talante
brava e sannosa.
Quena festa e o dia...