Cantigas de Santa Maria/CXCVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXCVI


Como Santa Maria converteu un gentil que lle queria gran mal e fezera ha forma pera
deitar ha ymagen do ydolo que adorasse, e sayu-lle ha ymagen de Santa Maria con su
Fillo en braços.

Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda
dos que a non connocian, e sa bondade sabuda.

E desto vos contar quero un miragre mui fremoso
que mostrou Santa Maria por un gentil perfioso
que idolos aorava e o nome grorioso
dela oyr non queria, tanto ll' era avorreçuda.
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

Neno feito de seu Fillo per ren creer non queria,
e sse deles lle falava alguen, log' end' el fugia;
e poren vos direi ora o que ll' avo un dia,
per que pois sa voontade foi na Virgen concebuda.
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

El morava en Besanço, que agora é chamada
Costantinopla a grande, que de Costantin pobrada
foi; mais ant' en aquel tenpo a nossa fe começada
era, e ant' os gentiis a guardavan asconduda-
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

Mente. E porend' aqueste que vos dixi da primeira,
sacerdote dos gentiis, queria de gran maneira
compõer ha omagen d' idolo, que de certeira
cousa lle désse resposta faland' e non fosse muda.
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

El fezera ja as formas, de que sse muito pagava,
e pois foron ben caentes, o metal dentr' adeitava;
mais non achou y omagen na forma que el cuidava,
ca, par Deus, mellor fegura lle foy y appareçuda.
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

Ca u el achar cuidava un demo que aorasse
e que lle resposta désse de quanto ll' el preguntasse,
achou dona con seu fillo, ben como sse o criasse,
tendo-ll' a teta 'm boca. E pois dele [foi] veuda,
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

Maravillou-ss' ende muito e ficou tan espantado,
que a todo-los seus tenplos foi en demandar recado
se tal omagen sabian d' algun deus, ou fegurado
era ou d' alga gente aorada e creuda.
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

Mas pois que desto recado non achou enos pagãos,
foi-sse logo mui correndo a preguntar os crischãos
sse tal fegura avian. Disseron: «Somos certãos
que tal omagen da Virgen é, que Deus ouv' esleuda
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

Por ssa Madre.» E tan toste o meteron na eigreja;
e pois el viu o omagen daquela que sempre seja
beita, disse: «Convosco oy mais non quero peleja,
ca tal com' esta aquela é que m' ouv' apareçuda.»
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

[E] pois aquesto lles disse, fezo-sse logo crischão
e o templo que guardava derribou todo de chão
e quebrantou as omages, ca non quis usar en vão
ssa vida; e a ssa morte foi-ll' a alma recebuda
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...

Eno Parayso santo, u estan todo-los santos
a Nostro Sennor loando con mui saborosos cantos.
Esto fez a Virgen Madre, que faz de miragres quantos
ome contar non podia, ca sempre en ben estuda.
Senpre punnou muit' a Virgen per u fosse connoçuda...