Cantigas de Santa Maria/CXCVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXCVII


Como Santa [Maria] de Terena ressocitou u meno a que matara o demo.

Como quer que gran poder
á [o] dem' en fazer mal,
mayor l' á en ben fazer
a Reynna spirital.

Ca sse el algun poder á [de] os omees matar
pelos pecados que fazen, e o quer [Deus] endurar,
mui mayor poder sa Madr[e] á en os ressucitar;
e porend' un gran miragre vos direi de razon tal.
Como quer que gran poder...

En un logar que Os Conbre[s] chamad' é, que preto jaz
de Xerez de Badallouço, ouv' y un ome de paz
mui rico, que seus gãados avia e pan assaz,
e est' un seu fill' avia que amava mui mais d' al.
Como quer que gran poder...

E porque aquel seu fillo amava mais d' outra ren,
mandou-lle que seus gãados fillase e guardasse ben;
e con despeito daquest' o fillou o demo poren,
mais dest' a madr' e o padre avian coita mortal.
Como quer que gran poder...

Ca tan forte o fillava o demo, com' aprendi,
cinc' ou seis vezes no dia, ou sete, per com' oý;
mais ha vez atan forte o fillou, que ben aly
u estava afogou-o, e morreu, u non ouv' al.
Como quer que gran poder...

Mas seu padr' e seus parentes fezeron doo enton
por el mui grand' e mui fero, chorando de coraçon,
e un seu irmão disse: «Oyde-m' ha razon,
ca tenno que o terredes por conssello mui leal:
Como quer que gran poder...

Meu yrmão prometera por en romaria yr
a Terena, mais non quiso Deus que o fosse conprir;
mais eu, porque ele seja perdõado, sen falir
yrei alá de bon grado e farey este jornal.
Como quer que gran poder...

Mais ficad' ant' os gollos e a[a] Madre de Deus
rogade que lle perdõe todo-los pecados seus,
e eu promet' a sa obra dez daquestes porcos meus,
en tal que por ele rogue a Sennor que pod' e val.»
Como quer que gran poder...

Por rogo da Virgen Madre Deus ssa oraçon oyu,
e o que jazia morto atan toste resurgiu,
e des ali adeante daquel mal ren non sentiu;
esto fez Santa Maria, que aas coitas non fal.
Como quer que gran poder...

Outro dia madurgada pera Terena fillou
o camynn', e seu irmão nunca sse dele quitou;
e pois foi ena eigreja, aqueste feito contou
todo como ll' avera, e seu don deron y qual
Como quer que gran poder...

Ante prometud' avian. E poren todos loor
deron a Santa Maria, Madre de Nostro Sennor,
porque resurgiu de morte o que o demo mayor
matou, e desfez seu feito como a agua o sal.
Como quer que gran poder...