Cantigas de Santa Maria/CXCVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXCVIII


Esta é como Santa Maria fez fazer paz e que sse perdõassen us omees que sse querian
matar us con outros ant' a sa eigreja en Terena.

Muitas vezes volv' o demo as gentes por seus pecados,
que non quer Santa Maria, pois lle son acomendados.

Dest' avo en Terena un miragre mui fremoso
que mostrou Santa Maria, e d' oyr mui saboroso;
e poi-lo oyren, creo que por mui maravilloso
o terrán, e que metudo dev' a seer ontr' os preçados.
Muitas vezes volv' o demo as gentes por seus pecados...

Naquel logar s' ajuntaron d' omees mui gran conpanna
que luitavan e fazian gran festa, a for d' Espanna;
mais o demo, de mal cho, meteu ontr' eles tal sanna,
que por sse mataren todos foron mui corrend' armados,
Muitas vezes volv' o demo as gentes por seus pecados...

E a lidar começaron, ferindo-ss' a desmesura,
[e] durou o mais da noite aquesta malaventura,
cuidando que sse matavan; mais a nobre Virgen pura
non quis, cujos romeus eran, que mortos nen sol chagados
Muitas vezes volv' o demo as gentes por seus pecados...

Fossen da lid' a ssa casa, mais en meogo dun chão,
u lidaron ben des quando começara o serão
e u sse matar cuidavan, ben assi de cabo são
fez que fossen us d' outros muit' amigos e pagados.
Muitas vezes volv' o demo as gentes por seus pecados...

E u andavan buscando os mortos que soterrassen
e os outros mal chagados, de que ben penssar mandas[s]en,
non quiso Santa Maria, que neu tal achassen;
mas perpontos e escudos acharon muitos colpados.
Muitas vezes volv' o demo as gentes por seus pecados...

Ca non foi neu deles que non tevesse ferida,
mas sol non tangeu en carne, ca non quis a mui conprida
Reyn[n]a Santa Maria; ca ela nunca obrida
de valer aos que ama nen aos que son cuitados.
Muitas vezes volv' o demo as gentes por seus pecados...

Porend' aqueste miragre por mui grande o teveron
todos quantos lo oyron, e porende graças deron
grandes a Santa Maria; e pois ssa festa fezeron,
deron y de seus deiros e deles de seus gãados.
Muitas vezes volv' o demo as gentes por seus pecados...