Cantigas de Santa Maria/CXCIX

Wikisource, a biblioteca livre
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXCIX


Como un peliteiro, que non guardava as festas de Santa Maria, começou a lavrar no seu
dia de março, e travessou-sse-lle a agulla na garganta que a non podia deitar; e foi
a Santa Maria de Terena e foi logo guarido.

Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões,
assi é Santa Maria de graças e de perdões.

Ca sse Deus soffr' ao demo que polos nossos pecados
nos dé coitas e doores e traballos e coidados,
logo quer que por sa Madre sejan todos perdõados
por creenças, por jajus, por rogos, por orações.
Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões...

Poren direi un miragre que fez por un peliteiro
que morava na fronteira en un castelo guerreiro
que Burgos éste chamado, e demais está fronteiro
de Xerez de Badallouce, u soen andar ladrões.
Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões...

E en aqueste castelo o peliteiro morava,
que da Madre de Deus santa nunca as festas guardava,
e pola festa de Março, u el sas peles lavrava,
e do mal que ll' end' avo, por Deus, oyde, varões:
Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões...

Ca u meteu a agulla na boqu' e enderençando
as peles pera lavra-las, non catou al senon quando
a trociu, e na garganta se lle foi atravessando;
ca os que o demo serven an del taes galardões.
Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões...

E daquesta guisa seve muitos dias que deita-la
per nulla ren non podia nen outrossi traspassa-la;
demais inchou-ll' a garganta, assi que perdeu a fala,
e tornou-ll' o rosto negro muito mais que os carvões.
Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões...

E pois el parou [y] mentes e viu que assi morria,
e fisica que fezesse nulla prol non lle fazia,
mandou-sse levar tan toste dereit' a Santa Maria
de Terena, prometendolle sas offertas e dões.
Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões...

E quando foi na eigreja, ant' o altar o deitaron
e log' a Santa Maria muito por ele rogaron;
e el chorand' e gemendo dormeceu, e non cataron
senon quando ll' a agulla sayu sen grandes mixões
Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões...

Que fezesse por saca-la; ca u jazia dormindo,
a Virgen mui groriosa lla fez deitar, e tossindo,
envolta en ha peça de carn'. E esto oyndo
as gentes que y estavan deron grandes beições
Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões...

Aa beita Reynna, que en ceo e en terra
acorre aos coitados e perdõa a quen ll' erra,
e pera aver mercee nunca a ssa porta serra,
e que os guarda do dem' e de sas maas tentações.
Com' é o mund' avondado de maes e d' ocajões...