Cantigas de Santa Maria/CXII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXII


Como Santa Maria guardou ha nave que ya carregada de triigo que non pereçesse, e
sacó-a en salvo ao porto.

Nas coitas devemos chamar
a Virgen, estrela do mar.

Esta é Santa Maria,
que aos seus noit' e dia
guarda de mal e os guia,
pois se lle van encomendar.
Nas coitas devemos chamar...

Como fez ha vegada
da nav' encarregada
de trigo e de cevada
de Colliure, que foi guardar,
Nas coitas devemos chamar...

Que ouvera pereçuda
seer de tod' e perduda,
senon pela ssa ajuda,
que a quis en salvo guiar.
Nas coitas devemos chamar...

Ca ouvera tal tormenta
que de millas setaenta
correra ou o[i]taenta,
querendo-ss' a nav' afondar.
Nas coitas devemos chamar...

Ca o masto foi britado
e o temon pecejado,
e os da nave sen grado
sayron en por escapar
Nas coitas devemos chamar...

En un batel a gran pa,
ca viron a nave cha
d' agua volta con ara
e aquel pan todo mollar.
Nas coitas devemos chamar...

Esto foy cousa muy certa,
ca a nav' era aberta;
e porende gran[d]' offerta
prometeron enton de dar
Nas coitas devemos chamar...

Aa Virgen, que rogasse
seu Fill' e que lles guardasse
seu pan e que os sacasse
en salvo sen perda fillar.
Nas coitas devemos chamar...

Enton mui toste remaron
e da nave s' alongaron,
e ao porto chegaron,
u a viron sãa estar.
Nas coitas devemos chamar...

E viron seu pan eixuito,
por que fezeran ja luito;
e a Virgen poren muito
começaron log' a loar.
Nas coitas devemos chamar...