Cantigas de Santa Maria/CXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXIII


Como Santa Maria de Monsserraz guardou o mõesteiro que non feriss' a pena en ele que
caeu da roca.

Por razon tenno d' obedecer
as pedras à Madre do Rei,
que quando morreu por nos sei
que porend[e] se foron fender.

Desto direi un miragre mui grande que contar oý
qu' en Monss [arr]az fez a Virgen [e] que ben pareçe og' y,
da pena que se mover
foi e ar leixou-sse caer.
Por razon tenno d' obedecer...

Esta caeu en tal guisa, se a Deus leixasse vir,
que podera a eigreja toda tan toste destroir;
mais Deus non quis esto sofrer
pola eigreja deffender
Por razon tenno d' obedecer...

De sa Madre groriosa, a Reynna esperital;
poren desviou a pena en [tal] guisa que non fez mal,
e fez-la tan passo decer
que pois non se pude volver.
Por razon tenno d' obedecer...

Mai-los monges, que cantavan a missa da Madre de Deus,
quand' oyron o son grande, disseron: «Sennor, somos teus,
e non nos leixes perecer
nen de maa morte morrer.»
Por razon tenno d' obedecer...

Dizend' esto, sairon fora da eigrej' e viron estar
o penedo que caera, que Deus fezo desviar;
começaron Deus a bizer
e a Virgen e seu poder.
Por razon tenno d' obedecer...

Este miragre tan grande, que fez pola de bon talan
Deus, sa Madre groriosa, véeno quantos y van
a Monssarraz, e an prazer
e do seu van y offerer.
Por razon tenno d' obedecer...