Cantigas de Santa Maria/CXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXIV


Esta é dun mancebo a que seus emigos chagaron mui mal de morte, e sa madre
prometera-o a Santa Maria de Salas, e foi logo guarido.

A que serven todo-los celestiaes
guarecer ben pode as chagas mortaes.

Dest' un gran miragre fez Santa Maria
de Salas por ha moller que avia
gran fiança en ela e a servia
põendo ant' o seu altar estadaes.
A que serven todo-los celestiaes...

Aquesta un fillo ouve que amava
mais ca ren, e sempre o acomendava
a Santa Maria e por el rogava
que llo d' ocajões guardass' e de maes.
A que serven todo-los celestiaes...

E mester lle foi, ca un dia acharon-
no seus emigos e mal o chagaron
de guisa que todo o espedaçaron,
ca lle deron colbes mui descomaes.
A que serven todo-los celestiaes...

Quand' oyu aquesto sa madr', a mesqua,
cona mui gran coita que dele tia,
foi por el mui tost' e trouxe-o aginna
a ssa cas' e pos-lo en us portaes.
A que serven todo-los celestiaes...

E catou-o e viu-o come desfeito
das chagas mui grandes e atan maltreito,
e atou-llas logo ben todas a eito
con panos de lynnno e con seus cendaes.
A que serven todo-los celestiaes...

E acomendó-o aa groriosa
Santa Maria de Salas preciosa,
que o guariu logo come piadosa,
ca xe soe ela a fazer de taes.
A que serven todo-los celestiaes...

Assi que as chagas que eran atadas
foron logo todas atan ben juntadas,
sãas e guaridas e tan ben sarradas
que adur parecian end' os sinaes.
A que serven todo-los celestiaes...

Ante que a alva do dia chegasse
diss' el a ssa madre que o desatasse,
ca ja são era, e que o catasse;
e ela o fez log', e achou-ll' iguaes
A que serven todo-los celestiaes...

As chagas e sãas. E poren loores
deu aa beita Sennor das sennores,
que aos seus mostra tan grandes amores,
e mais a aqueles que lle son leaes.
A que serven todo-los celestiaes...

Logo madr' e fillo en cam' entraron
e foron a Salas e alá contaron
aqueste miragre; e todos loaron
a Virgen por est' e loarán ja maes.
A que serven todo-los celestiaes...