Cantigas de Santa Maria/CXLIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXLIII


Como Santa Maria fez en Xerez chover por rogo dos pecadores que lle foron pedir por
merçee que lles désse chovia.

Quen alga cousa quiser pedir
a Deus por Santa Maria,
se de seus pecados se repentir,
ave-lo-á todavia.

Poren vos quero contar sen mentir
Quen alga cousa quiser pedir
como Santa Maria quis oyr
Quen alga cousa quiser pedir
un poblo, que se lle foi offerir
por chuvia que lle pedia.
Quen alga cousa quiser pedir...

En Xerez, preto d' Aguadalquivir,
foi este miragre, que sen falir
ouv' i tan gran seca, por que fugir
a gent' en toda queria.
Quen alga cousa quiser pedir...

Mas un frade mor os fez vir
e fez-lles sermon, en que departir
foi como Deus quis por nos remiir
nacer, como dit' avia,
Quen alga cousa quiser pedir...

Da Santa Virgen, e com' ar fir
quis por nos na cruz e pois resorgir
do sepulcr' e o demo destroyr,
que ante nos destroya.
Quen alga cousa quiser pedir...

E disse: «Se quisessedes gracir
est' a Deus e a ssa Madre servir
e de vossos pecados vos partir,
a chuvia logo verria.
Quen alga cousa quiser pedir...

Poren cada u com' a mi vir
fazer faça; e sei que nos oyr
querrá a Virgen que Deus foi parir,
que ante de tercer dia
Quen alga cousa quiser pedir...

Averemos chuvia que nos conprir
e per que poderemos ben guarir
e daquesta mui gran coita sair,
dest' eu fiador serya.»
Quen alga cousa quiser pedir...

Pois esto disse, sen al comedir,
log' en terra das mãos foi ferir
e diss': «A esta gente faz sentir,
mia Sennor, que en ti fia,
Quen alga cousa quiser pedir...

O teu bien, con que possamos goir.»
E log' á gente fillou-ss' a rogirso
e as molleres chorar e carpir
cada ha a perfia.
Quen alga cousa quiser pedir...

Enton a Virgen as nuves abrir
fez e delas tan gran chuvia sayr,
que quantos choravan fezo riir
e yr con grand' alegria.
Quen alga cousa quiser pedir...