Cantigas de Santa Maria/CXLIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXLIV


Como Santa Maria guardou de morte un ome bõo en Prazença dun touro que vera polo
matar.

Con razon é d' averen gran pavor
as bestias da Madre daquel Sennor
que sobre todas cousas á poder.

E dest' un gran miragre foi mostrar
Santa Maria, a Virgen sen par,
en Prazença, per com' oý contar
a omees, bõos e de creer.
Con razon é d' averen gran pavor...

E retraen este miragr' assi:
que un ome bõo morava y
que esta Sennor, com' eu aprendi,
sabia mui mais d' al ren ben querer.
Con razon é d' averen gran pavor...

E quen quer que lle vesse pedir
algo por ela, logo sen falir
llo dava [sen] delongar nen mentir,
ca non queria per ren falecer.
Con razon é d' averen gran pavor...

E jajava sas vigias ben
e de sas oras non leixava ren
que non oisse, ca todo seu sen
era como lle fezesse prazer.
Con razon é d' averen gran pavor...

Ond' un cavaleiro ben d' i casou
da vila, e touros trager mandou,
pera sas vodas; e un apartou
deles, chus bravo, que mandou correr
Con razon é d' averen gran pavor...

En ha praça grande que y á
ant' a casa do que vos dixe ja
ome bõo. Mas ele d' ir alá
non sse pagava nen de o veer.
Con razon é d' averen gran pavor...

Mas aquest' ome un conpadre seu
crerig' avia, per nome Matheu,
que enviou por el, com' aprix eu,
por cousas que lle queria dizer.
Con razon é d' averen gran pavor...

E el sayu por yr alá enton;
e o touro leixou-ss' yr de randon
a ele polo ferir mui felon,
por ll' os cornos pelas costas meter.
Con razon é d' averen gran pavor...

E o crerigo, quand' aquesto viu
da festra, mercee pediu
a Santa Maria, e non falyu
por el, ca logo lle vo valer.
Con razon é d' averen gran pavor...

E en atal guisa o acorreu
que o touro log' en terra caeu
e todo-los quatro pees tendeu,
assi como sse quisesse morrer.
Con razon é d' averen gran pavor...

E jouv' assi daquesta guisa tal
ata que o ome foi no portal
de cas seu conpadr', a que non foi mal
con el e foy-o na casa coller.
Con razon é d' averen gran pavor...

E o touro s' ergeu e dessa vez
nunca depois a null' ome mal fez
pola vertude da Sennor de prez,
que aos seus non leixa mal prender.
Con razon é d' averen gran pavor...