Cantigas de Santa Maria/CXLV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXLV


Como San Johan, patriarca de Alexandria, deu quant' avia a pobres en u ano caro.

O que pola Virgen de grado seus dões
der, dar-vo-ll-á ela grandes galardões.

E dest' un miragre quero que sabiades
per mi, porque sempre voontad' ajades
de fazer por ela ben e que tennades
firmement' en ela vossos corações.
O que pola Virgen de grado seus dões...

Un patriarcha ouv' en Aleixandria
santo e fiel, que Johan nom' avia;
este muit' amava a Santa Maria
e por amor dela dava sas rações,
O que pola Virgen de grado seus dões...

Has a mesquos, enfermos, coitados,
e outras a pobres muit' envergonnados,
e aconssellava desaconssellados;
assi do seu todos avian quynnões.
O que pola Virgen de grado seus dões...

El esto fazendo, en aquela terra
avo gran fame por tenp' e por guerra;
mais tal non foi ele come o que serra
sa port' e s' asconde dentro nos rancões;
O que pola Virgen de grado seus dões...

Ant' abriu sas portas, e seu aver dado
foi mui francamente e ben enpregado
por amor da Virgen de que Deus foi nado,
que non lle ficaron sol dous pepiões,
O que pola Virgen de grado seus dões...

Senon esses panos ond' era vestido.
E pois se viu pobre, foi end' esmarrido;
mais à Virgen santa, per com' ey oydo,
que o acorresse fez sas orações.
O que pola Virgen de grado seus dões...

Mannãa ergeus-se e aa eigreja
foi oyr [a] missa da que sempre seja
beita, con grand' esperança sobeja
de lle comprir ela as sas promissões.
O que pola Virgen de grado seus dões...

E ena carreira viu un pastorynno
que contra el logo vo mui festo,
aposto vestido e mui fremoso,
que lle diss': «Oide poucas de razões
O que pola Virgen de grado seus dões...

Que vos dizer quero, e falade migo.»
E pois ss' apartaron, diss': «Esto vos digo:
aqueste tesouro vos dá voss' amigo,
o Fillo da Rea das beyções;
O que pola Virgen de grado seus dões...

Fillade-o logo, ca eu ir-me quero.»
E o patriarcha viu aver tan fero,
que mayor non ouve enperador Nero
quando queimou Roma e tornou carvões.
O que pola Virgen de grado seus dões...

Foi-ss' aquel mancebo; mai-lo patriarcha
meteu aquel ouro dentr' en ha arca,
e cantand' a missa, [diz]: «Se Deus me parca,
querria saber ond' estas offreções
O que pola Virgen de grado seus dões...

Tan grandes e bõas foron enviadas.»
Aquesto na missa muitas de vegadas
rogou; e respostas lle foron en dadas
que Jhesu-Christo, que foi ontr' os ladrões
O que pola Virgen de grado seus dões...

Ena cruz pregado, que llo enviara
per rogo de ssa Madre que llo rogara,
porque enos pobres o seu enpregara
e en santos omes de religiões.
O que pola Virgen de grado seus dões...

Log' aqueste feito toste foi sabudo
e o poboo da cidade movudo
loando a Virgen que é noss' escudo
contra o diabo e sas tentações.
O que pola Virgen de grado seus dões...