Cantigas de Santa Maria/CXLVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXLVI


Como Santa Maria guareceu a un donzel, fillo da bõa dona de Brieyçon, que ya en
romaria a Santa Maria d'Albeça e topou con sus emigos na carreira, e sacaron-lle os
ollos e cortaron-lle as mãos.

Quen comendar de coraçon
a Santa Maria o seu,
macar mal prenda, creo eu
que llo pode dar sen lijon.

Porende vos quero falar
dun gran miragre que oý
a omees bõos contar,
que juravan que foi assi,
que Santa Maria mostrar
foi por ha, com' aprendi,
dona que soya morar
ena terra de Briançon.
Quen comendar de coraçon...

Esta, per com' oý dizer,
un fill' avia que mayor
ben sabia ca ssi querer,
ca el era mantedor
dela e ar do seu aver
bõa guard' e alynnador,
e sabia-a defender
sempre mui ben e con razon.
Quen comendar de coraçon...

Pero mui mais que outra ren
a Reynna esperital
esta dona queria ben,
e que lle seu fillo de mal
guardasse, de todo seu sen
lle rogava mui mais que al,
e comendava-llo poren
ameud', en ssa oraçon.
Quen comendar de coraçon...

El outrossi mui gran sabor
de Santa Maria servir
avia, e por seu amor
a ssa casa queria yr
d' Albeza, u enton mayor
gente fazia y vir
a Madre de Nostro Sennor
que en Bregonna foss' enton.
Quen comendar de coraçon...

Mais la madre lle defendeu
que non fosse per ren alá,
e con el muito contendeu,
dizendo: «Maa gent' y á
de teus emigos sandeus,
ben sei que ren non te guarrá
de mort.» E el nona creeu,
e foi-ss' e prendeu ocajon.
Quen comendar de coraçon...

E u seu camynno fillou
por ir aa Madre de Deus,
alá u el ya, topou.
con esses emigos seus,
que o prenderon; e sacou
ll' un desses mui maos encreus
os ollos, e depois tallou
ll' as mãos con u falchon.
Quen comendar de coraçon...

Foron-ss' eles; e remanyu
aquel lijado con mui gran
coita, e omees sentiu
que aa eigreja de pran
yan u el, e lles pediu
mercee que tanto d' afan
fillassen polo que sobiu
nos Ceos dia d' Acensson,
Quen comendar de coraçon...

Que a Albeza dessa vez
o levassen. «Ca», diss' el, «sey
que a Santa Virgen de prez
me guarrá, sol dulta non ei.»
E un desses romeus lo fez.
Mas da madre, que vos direi?
Quand' o oyu, mui mais ca pez
tornou negra nen que carvon,
Quen comendar de coraçon...

E sol deter-sse non quis,
mais como coitada moller
foi log' alá, seendo fis
que Deus dar-ll-ia como quer
seu fillo sen maravedis
são, que ll' era mui mester.
E por esto, par San Dinis,
a Albeza foi de randon
Quen comendar de coraçon...

E fez seu doo como faz
moller coitada; mas con fe
disse: «Sennor a que despraz
do mal, v[e]es qual meu fill' é,
que ante ti desfeito jaz;
porend' a Deus, teu Fill', u sé
roga que são e en paz
mio dé; tanto ti peç' en don.
Quen comendar de coraçon...

Ora verey o que farás
ou se deste meu mal te dol,
ca ben sei que poder end' ás
de o fazer. E muit' é fol
o que non cree que darás
ben aos teus e que ssa prol
non queres; ond' oge sen cras
compri logo mia petiçon.»
Quen comendar de coraçon...

Esto dizendo como diz
moller bõa e mui fiel,
log' a Santa Emperadriz,
Madre de Deus Emanuel,
fez-ll' ollos come de perdiz
pequenos a aquel donzel,
mui fremosos, e de raiz
creceron-ll' as mãos enton.
Quen comendar de coraçon...