Cantigas de Santa Maria/CXLVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXLVII


Como ha moller pobre deu sa ovella a guardar a un ovelleiro, e quando ao trosquiar
das ovellas vo a vella demandar a sua e o ovelleiro disse que a comera o lobo, chamou
Santa Maria de Rocamador, e a ovella braadou u [l]la tia o ovelleiro asconduda e
disse: «Ei-me acá, ei-m' acá.»

A Madre do que a bestia de Balaam falar fez
ar fez pois ha ovella ela falar ha vez.

Esto fez Santa Maria
por ha pobre moller
que a de grado servia
come quen ben servir quer;
e porend' ela un dia
valeu-ll' u lle foi mester
e mostrou y seu miragre, que vos non foi mui rafez.
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez...

Aquesta moller mesqua
de quanto pud' achegar
conprou ha ovella
e foy-a dar a guardar
a un pegureir' aga;
e pois ao trosquiar
foi en demandar a lãa pola vender por seu prez.
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez...

Mas o pegureir' astroso
a ovella ascondeu
e come cobiiçoso
diss': «O lobo a comeu.»
A vella por mentiroso
o tev' end', e lle creceu
tal coita por ssa ovella que tornou tal come pez.
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez...

E disse: «Ay, Groriosa,
a mia ovella me dá,
ca tu end' es poderosa
de o fazer.» E dalá
du jazia a astrosa
ovella diss': «Ey-m' acá.»
E assi Santa Maria aquest' engano desfez.
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez...

E a vella mui festynno
ssa ovella trosquiou,
e meteu-ss' ao camo
e quanto más pod' andou,
a costas seu veloco;
a Rocamador chegou,
dizend': «Esto fez a Virgen que sempre teve belmez.»
A Madre do que a bestia de Balaam falar fez...