Cantigas de Santa Maria/CXLVIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXLVIII


Como un cavaleiro guareceu de mãos de seus emigos por ha camisa que chaman de Santa
Maria, que tragia vestida.

De mui grandes periglos e de mui grandes maes
guarda Santa Maria os que lle son leaes.

E daquest' un miragre mostrarei en tal guisa
que dos outros da Virgen será mui grand' enquisa,
que faz muitos en Chartes por ha sa camisa;
e ja vos en dix' outros, ben oistes de quaes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes...

En Chartes á h' arca, que van muitos vee-la,
u jaz ha camisa de lynno que foi dela;
e cada un sa tea leva e vai põe-la
sobr' aquela camisa que jaz volt' en cendaes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes...

E pois fazen camisas, cada un de seu pano,
que enas lides tragen, per que os Deus de dano
guarde dos emigos; mas esto sen engano
o façan, senon nunca lles valrria ja maes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes...

Onde un cavaleyro ha destas tragia
vestida, porque muitos emigos avya;
mais ena Virgen santa fiava e criya
e non fazia feytos maos nen desiguaes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes...

Un dia cavalgava per cabo da xara,
sa camisa vestida, ca armar non s' uviara;
enton seus emigos lle sayron de cara
e deron-lle mui grandes colbes e mui mortaes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes...

E cada un tia deles que lle passava
o corpo cona lança, tal ferida lle dava;
mas guardó-o a Virgen que sol non lle chegava
niun colb' ao corpo nen fazian sinaes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes...

E os seus escudeyros dele foron chorando
contra has aldeas e apelido dando.
Enton muitas das gentes se foron y chegando
e achárono vivo cabo dus moraes,
De mui grandes periglos e de mui grandes maes...

Que lles contou o feito todo en qual maneira
o guardara de morte a Sennor verdadeyra;
e demais la camisa viron toda enteyra,
e loaron a Virgen que faz miragres taes.
De mui grandes periglos e de mui grandes maes...