Cantigas de Santa Maria/CXLIX

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXLIX


Como un preste aleiman dultava do Sagramento [do Corpo] de Deus e rogou a Santa Maria
que lle mostrasse ende a verdade; e Santa Maria assi o fez porque era de bõa vida.

Fol é a desmesura
quen dulta que tornada
a Ostia sagrada
non é en carne pura.

Mas, como cuidar deve null' ome que non possa
a Ostia ser carne, pois que Deus quis a nossa
prender e seer ome e resurgir da fossa,
por seu poder tod' esto que [é] sobre natura?
Fol é a desmesura...

E porende vos quero desta razon un preito
contar que ey oydo mui pouc' á e retreyto;
e creo que terredes [por estrann' end' o feito]
primeyr' e pois encima por fremos' aventura.
Fol é a desmesura...

En terra d' Aleymanna un crerigo avya
que amava mais d' outra cousa Santa Maria,
assi que a ssa missa cantava cada dya;
mas eno Sagramento dultava con loucura.
Fol é a desmesura...

Dest' a Santa Maria, cada que el cantava
ssa missa, mui de rrijo chorando lle rogava
que o certo fezesse daquelo que dultava,
assi que non morresse ende cona rancura.
Fol é a desmesura...

Onde assy ll' avo que un sabad', estando
na missa, e sagrara a Ostia dultando,
tolleu-xe-lle de vista; e por ela catando,
viu a que de Deus Madre foi per ssa gran cordura,
Fol é a desmesura...

Con seu Fillo nos braços, aposta e fremosa.
E macar era bela, foi-ll' a el espantosa,
e tremend' el lle disse: «Ai, Sennor groriosa,
se a Ostia tes, dá-mia por ta mesura.»
Fol é a desmesura...

Ela lle respos logo; «Ome de mal ciente,
este que tenn' en braços é essa veramente
a Ostia que sagras, de que non es creente
porque a ti semella que de pan á fegura.
Fol é a desmesura...

Mas pero o revolves e tanges con tan mãos,
creendo que pan ést[e], este polos crischãos
recebeu na cruz morte que judeus e pagãos
lle deron desonrrada por dar a nos folgura.
Fol é a desmesura...

Est' é o que tu comes, onde fazes tres partes,
e beves do seu sangue, ond' é ben que te fartes;
e quen cree ben esto, o demo nen sas artes
nunca lle terrán dano, se en elo atura.
Fol é a desmesura...

Est' é o que tu alças e baixas e descobres,
que quiso seer pobre por requenta-los pobres
no seu reino do Ceo e faze-los y nobres
mui mais que nulla outra que seja creatura.
Fol é a desmesura...

E pero semellança an de pan e de vynno,
esto quer Deus que seja polo ome mesquynno,
que terria por crua cousa comer mino
ou bever de seu sangue, ca non é apostura.»
Fol é a desmesura...

Quando ll' est' ouve dito, vyu a Ostia logo
e comeu-a chorando aquel preste moogo;
des i non viu a Virgen, mais disse-l': «Eu te rogo,
Sennor, que me tu leves desta carcer escura
Fol é a desmesura...

E que veja no Ceo a ta face velida.»
E dali adeante en creenç' e en vida
foi tal, que pois ll' a alma do corpo foi sayda,
dos angeos levada foi suso na altura.
Fol é a desmesura...