Cantigas de Santa Maria/CXVI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXVI


Esta é como Santa Maria fez acender duas candeas na sa eigreja en Salamanca, porque o
mercador que as y posera llas encomendara.

Dereit' é de lume dar
a que Madr' é do lume.

Desto vos quero contar
miragre verdadeiro
que quis a Virgen mostrar
gran por un mercadeiro
que aa feira mercar
con un seu conpanneiro
de Salamanca fora,
como an de costume.
Dereit' é de lume dar...

Aqueste mais d'outra ren
amou Santa Maria
e con aver e con sen
de grado a servia;
e jajava tan ben
cada que ssa vigia
dela foi, que pescado
non comiu nen legume.
Dereit' é de lume dar...

E atal vida usou
per u quer que andava
muito, que jajou
nas feiras u mercava;
mas pero nunca achou,
u quer que el estava,
quen lle fezesse nojo
ond' ouvesse queixume.
Dereit' é de lume dar...

El vivendo vida tal
que, u eigrej' achasse
da Virgen que pod' e val,
que desto non errasse
que cande' ou estadal
y sigo non levasse;
esto en Salamanca
fez, dizendo «Adu-me»,
Dereit' é de lume dar...

A un seu sergent' assi,
«duas grandes candeas,
as que de Toled' aqui
trouxe, que non son feas;
ca eu taes alá vi
mellor arder que teas
nen que niha cousa
que o fogo conssume.»
Dereit' é de lume dar...

Segundo com' apres' ey,
as candeas trouxeron
assi como vos direy,
e acender fezeron;
e, como per oyr sey,
sas guardas y poseron,
dizendo: «Guardad' ha
que outra non afume.»
Dereit' é de lume dar...

Mas avo per prazer
da Virgen groriosa
que ouveron de morrer;
mas ela piadosa
os ar fez pois acender
come tan poderosa
con Deus, cujos miragres
non caben en volume.
Dereit' é de lume dar...