Cantigas de Santa Maria/CXVII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXVII


Como ha moller prometera que non lavrasse no sabado e per seu pecado lavrou, e foi
logo tolleita das mãos; e poren mandou-sse levar a Santa Maria de Chartes, e foi
guarida.

Toda cousa que aa Virgen seja prometuda,
dereit' é e gran razon que lle seja tuda.

Dest' un fremoso miragre fez Santa Maria
en Chartres por ha moller que jurad' avia
que non fezesse no sabado obra sabuda
per que a Santa Maria ouvesse sannuda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda...

Esto teve un gran tenpo; mas en tantas guisas
a sossacou o diabo, que lle fez camisas
tallar e coser con seda d' obra mui myuda,
per que sa lavor na terra fosse connoçuda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda...

E en mente non avia do que prometera
que o sabado guardasse, mas sempr' y cosera
mais ca en outro dia, tant' era [a]trevuda;
per conssello do diabr' assi foy decebuda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda...

Mais que vissen a vingança judeus e crischãos
que por ssa Madre Deus dela fillou, fez-ll'as mãos
que aos braços apresas foron, e tenduda
caeu en terra e jouve mui gran peça muda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda...

Muitas fisicas provaron en ela, que palla
non lle valveron nen prol teveron nemigalla;
e depois pelas eigrejas demandand' ajuda
a trouxeron, porque dos santos foss' acorruda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda...

E quando viu que tod' esto ren non lle prestava,
aa eigreja de Chartes levar-se mandava,
e ant' o altar chorando foi tan repentuda
que logo ouve saude; cousa foi viuda
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda...

Per toda aquela terra, que os que a viran
andar tolleita das mãos e pedir oyran
deron graças aa Virgen, a que sempr' ajuda
aos coitados, ca desto muit' end' é tuda.
Toda cousa que aa Virgen seja prometuda...