Cantigas de Santa Maria/CXXI

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXI


Esta é dun miragre do cavaleiro que fazia a guerlanda das rosas a Santa Maria.

De muitas maneiras busca a Virgen esperital
carreyras en como guarde os seus de mort' e de mal.

E de tal razon com' esta en Proença ha vez
amostrou mui gran miragre a Sennor de todo prez
contra un seu cavaleiro que tal promessa lle fez
que lle guerlanda faria de rosas toda, non d' al.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

E aquesto cada dia podendo-as el achar,
e senon, por cada rosa dissesse en seu logar
ha vez «Ave Maria», e assi fosse cercar
a guerlanda toda delas, e que lla fezess' atal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Aquesto fez un gran tenpo, que non faleceu de ren
que a guerlanda das rosas no tenpo delas mui ben
fazia, e a põya na sa omagen; des en
a ela s' acomendava, que aos seus nunca fal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Quando non achava rosas, rezava, com' aprendi,
todas-las Aves Marias que prometera, que ni-
ha non lle falecia. E el fazendo assi,
topou con seus emigos en meogo dun gran val,
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Que mui ben encavalgados vian; mais, a la fe,
ele assi non estava, mais en un seu palafré
frac[o] en que cavalgava. E deceu dele a pe
e ficou log' os gollos escontra u o sol sal,
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

E diss' as Aves Marias, rogando de coraçon
a Virgen que lle valvesse. E ela valeu-ll' enton;
ca ali u eles yan polo matar de randon,
virono todo cercado de lume celestial.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

E ar viron ha dona ha guerlanda fazer
de rosas e el con ela do outro cabo põer
das rosas ena guerlanda; mas eles enton poder
non ouveron d' ir a ele, e disseron log' atal:
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

«Tornemo-nos daqui logo, pois esto non praz a Deus
que est' ome nos matemos, ca x' éste dos servos seus.»
«E porende vos consello», diss' enton un deles, «meus
amigos, que nos vaamos; ca muit' é descomunal
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Cousa de fillarmos guerra cona Madre do Sennor,
que veemos cabo dele mais bela ca nulla flor,
e faz con el a guerlanda e é ssa ajudador,
que assi nos desfaria ben com' a agua o sal.»
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

Foron-s' eles; e daquesto o cavaleiro non vyu
nulla ren, nen sol a dona, nen da guerlanda sentiu
que en sa mão tevesse; mais pela terra oyu
todo quanto ll' escontaron da Sennor que pod' e val.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...

E poren, se a amava ante, depois la amou
mui mais; e este miragre per muitas terras contou
e con quantos a loavan sempre muito a loou,
mostrando como nas coitas aos seus é mui leal.
De muitas maneiras busca a Virgen esperital...