Cantigas de Santa Maria/CXXII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXII


Como Santa Maria resucitou ha infante, filla dun rei, e pois foi monja e mui santa
moller.

Miragres muitos pelos reis faz
Santa Maria cada que lle praz.

Desto direi un miragre que vi
que en Toled' a Virgen fez ali
na ssa capela, e creed' a mi
que faz y outros miragres assaz.
Miragres muitos pelos reis faz...

Esta capela no alcaçar é
da Santa Virgen u ficou a fe,
e dentro ha ssa figura sé
feita como quando pariu e jaz.
Miragres muitos pelos reis faz...

Esta fez pintar o Emperador,
o que de tod' Espanna foi sennor;
mas o bon Rei Don Fernando mellor
a pintou toda, o corp' e a faz.
Miragres muitos pelos reis faz...

A este Rei ha filla naceu
que a Santa Maria prometeu,
des i aa orden offereceu
de Cistel, que é santa e de paz.
Miragres muitos pelos reis faz...

Esta mena ssa madre criar
a fez pera às Olgas a levar
de Burgos; mais la men' a[n]fermar
foi e morreu, de que mao solaz
Miragres muitos pelos reis faz...

Toda a noite ssa ama levou,
ca de doo a matar-se cuidou;
e a sa madre logo o contou,
e ela fez como a quen despraz
Miragres muitos pelos reis faz...

De lle morrer sa filla. E enton
foy-a fillar e diss' assi: «Pois non
quis a Virgen, a que te dei en don,
que vivesses, mais quiso que na az
Miragres muitos pelos reis faz...

Dos mortos fosses por pecados meus,
poren deitar-t-ey ant' os pees seus
da ssa omagen da Madre de Deus.»
E fez-lo logo, par San Bonifaz.
Miragres muitos pelos reis faz...

A todos da capela fez sayr,
des i mandou ben as portas choyr;
e as donas fillaron-ss' a carpir,
e ela chorando pos seu anfaz
Miragres muitos pelos reis faz...

E disse: «Ja mais non me partirei
daquesta porta, ca de certo sey
que me dará a Madre do bon Rei
mia filla viva; senon, de prumaz
Miragres muitos pelos reis faz...

Tragerei doo ou dun anadiu.»
E esto dizendo, chorar oyu
a menynna, e as portas abryu
e fillou-a nos braços mui viaz,
Miragres muitos pelos reis faz...

Chorand' e dizendo: «Beita tu
es, mia Sennor, que pariste Jhesu
Cristo; e poren, cada logar u
for ta eigreja, ben ata en Raz,
Miragres muitos pelos reis faz...

Darei do meu.» E ben assi o fez;
e levou ssa filla daquela vez,
que deu nas Olgas, logar de bon prez,
malgrad' end' aja o demo malvaz.
Miragres muitos pelos reis faz...