Cantigas de Santa Maria/CXXIII

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXIII


Como Santa Maria guardou un frade mor dos diaboos na ora que quis morrer, e
torcia-sse todo con medo deles.

De Santa Maria sinal qual xe quer
valrrá muit' a quen en ela ben crever.

Ca que quer que seja daquesta Sennor
valrrá muit' a quen de mal coitado for,
e valer-ll-á contra o demo mayor
ali u sobr' ele gran poder ouver.
De Santa Maria sinal qual xe quer...

Ben com' en Bitoria guariu ha vez
a un frade mor, que de menez
entrara na orden e y mui bon prez
vivendo gãara. Mas foi-lle mester
De Santa Maria sinal qual xe quer...

Que o acorresse, como ll' acorreu,
Santa Maria na ora que morreu,
ca un pouc' enante todo se torceu
e parou-sse negro. E quen vos disser
De Santa Maria sinal qual xe quer...

Que mais fea cara podia ter
null' ome, sol non llo querades creer;
mais outro bon frade foi log' encender
candea da Virgen, beita moller.
De Santa Maria sinal qual se quer...

E des que [e]na mão lla ensserrou,
a coor mui negra logo sse canbiou
e a faz mui branca toda se tornou
sen obrar y fisico de Monpesler.
De Santa Maria sinal qual xe quer...

Mas a pouco rato ouve de far,
ond' ouveron os frades mui gran pesar;
temendo que era en mao logar,
disseron: «Rez' ora quen rezar souber
De Santa Maria sinal qual xe quer...

O salteiro todo, porque sen falir
nos saber Deus faça u este fez ir.»
Porend' a dous frades o fez Deus vir
pois foi mort', e disse: «Quen saber quiser
De Santa Maria sinal qual xe quer...

Porque me torvei todo quando mor[r]i,
esto foi porque os diaboos vi;
mais poi-la candea adusseron y,
fugiron en todos. E quen ben fezer
De Santa Maria sinal qual xe quer...

Sempre terrá sigo algu[u]n sinal
de Santa Maria, a que nunca fal
aos que a serven e senpre lles val
e saca de pa quen y estever.
De Santa Maria sinal qual xe quer...

Assi fez a mi, esto sabede ben,
deu-me logar bõo qual a mi conven;
e vos muitas graças lle dade poren,
ca salvo será sempr' o con que tever.»
De Santa Maria sinal qual xe quer...