Cantigas de Santa Maria/CXXIV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXIV


Como Santa Maria guardou un ome que apedraron que non morresse ata que sse
mefestasse, porque jajava as vigias das sas festas.

O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á,
sempr[e] aqui lle demostra o ben que pois lle fará.

E dest' un mui gran miragre vos contarei, que oý
dizer aos que o viron, e o contaron assi
como eu vos contar quero; e, segun com' aprendi,
demostrou Santa Maria ena terra que está
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á...

Mui preto d' ambo-los mares, do gran que corr' arredor
da terra e ar do outro que é chamado Mor;
e mostrou Santa Maria, Madre de Nostro Sennor,
por un ome. E quen esto oyr, sabor averá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á...

De jaja-la ssa festa de março, com' este fez,
que a jajou gran tempo. Mas porque foi a Xerez
e a Sevilla quand' eran de mouros, mais da vez,
foi acusado e preso, porque sen mandad' alá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á...

Fora, e que o matassen logo, u non ouvess' al,
e que foss' apedreado porque fezo feito tal.
E ferindo-o, chamava a Reynna sperital,
dizendo: «Ay, Sennor, val-me, ben como valiste ja
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á...

A aqueles que sse fian en ti mui de coraçon,
e por aquesto non queras que moira sen confisson,
ca eu sempr' en ti fiando receb' aquesta paixon.»
Enton os que o matavan disseron: «E que será
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á...

Que por pedras que deitemos nono podemos matar?»
Enton o que llo mandava mandou-lle ferir e dar
mui grande con un venabre e depoi-lo degolar.
E non morreu por tod' esto, dizendo: «Por Deus, acá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á...

Un crerigo mi aduzede, a que diga quanto fix
de mal, de que pedença de meus pecados non prix.»
E pois ll' esto feit' ouveron, diss': «Amigo, sempr' eu quix
servir a Santa Maria, a que nunca falirá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á...

Nen fal aos que a serven.» E dizend' esto, morreu;
e de como nos creemos, Deus ssa alma recebeu.
E des que foi morto, logo a ora enbarveceu,
ca esse dia rapara sa barva en Alcalá
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á...

De Guadayra; e jouve un tempo, creede ben,
assi, que ave nen besta dele non comiu per ren.
Esto fez Santa Maria, a Sennor que nos manten,
pola ssa gran piadade, e sempre nos manterrá.
O que pola Virgen leixa o de que gran sabor á...