Cantigas de Santa Maria/CXXV

Wikisource, a biblioteca livre
Ir para: navegação, pesquisa
Cantigas de Santa Maria por Afonso X
Cantiga CXXV


Como Santa Maria fez partir o crerigo e a donzela que fazian voda, porque o clerigo
trouxera este preito pelo demo, e fez que entrassen anbos en orden.

Muit' é mayor o ben-fazer
da Virgen Santa Maria
que é do demo o poder
nen dome mao perfia.

E desta razon vos direy un miragre fremos' assaz,
que fezo Santa Maria por un crerigo alvernaz
que ena loar punnava polos muitos bes que faz,
e rezava por aquesto a sas oras cada dia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

O crerigo mayordomo era do bispo ben dali
da cidad' en que morava el; e era y outrossi
ha donzela fremosa a maravilla, com' oý,
que a Virgen, de Deus Madre, muy de coraçon servia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

Des i sempre lle rogava que lle mostrass' alga ren
per que do demo guardada fosse; e a Virgen poren
ll' apareceu e lli disse: «Di "Ave Maria" e ten
sempr' en mi a voontade, e guarda-te de folia.»
Muit' é mayor o ben-fazer...

Ela fezo seu mandado e usou esta oraçon:
mai-lo crerigo que dixe lle quis tal ben de coraçon,
que en toda-las maneiras provou de a vencer; mais non
podo y acabar nada, ca oyr nono queria.
Muit' é mayor o ben-fazer...

Daquesto foi mui coitado o crerigu', e per seu saber
fez ajuntar os diabos e disse-lles: «Ide fazer
com' eu a donzela aja log' esta noit' en meu poder;
senon, en ha redoma todos vos ensserraria.»
Muit' é mayor o ben-fazer...

Daquelo que lles el disse ouveron todos gran pavor,
e foron aa donzela e andaron-ll' a derredor;
mais nada non adobaron, ca a Madre do Salvador
a guardava en tal guisa que ren non ll' enpeecia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

Quand' entenderon aquesto, log' ao crerigo sen al
se tornaron, e el disse: «Como vos va[i]?» Disseron: «Mal;
ca tan muito é guardada da Virgen [Madr]' esperital,
que o que a enganasse mui mais ca nos saberia.»
Muit' é mayor o ben-fazer...

O crerig' outra vegada de tal guisa os conjurou
que ar tornaron a ela, e un deles tan muit' andou
que a oraçon da Virgen lle fezo que sse ll' obridou;
e ao crerigo vo o demo con alegria,
Muit' é mayor o ben-fazer...

Dizend': «O que nos mandastes mui ben o per recadei eu,
e oy mais de a averdes tenno que non será mui greu.»
E o crerigo ll' ar disse: «Torna-t' alá, amigo meu,
e fais-me como a aja, senon, logo morreria.»
Muit' é mayor o ben-fazer...

E o demo tornou toste e feze-a log' enfermar,
e ena enfermidade fez-la en tal guisa mayar
que seu padre e sa madre a querian poren matar;
mai-lo crerigo das mãos muit' agynna lla tollia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

E enton atan fremoso o crerigo lle pareceu
que a poucas d' amor dele logo sse non enssandeceu,
ca o demo, de mal cho, en tal guisa a encendeu
que diss' enton a seu padre que logo sse casaria
Muit' é mayor o ben-fazer...

Con aquel crerig'. E disse a ssa madre que manaman
por el logo enviasse e chamassen un capelan
que lles a[s] juras fezesse; senon, soubessen [ben] de pran
que log' enton con sas mãos ant' eles sse mataria.
Muit' é mayor o ben-fazer...

Outro dia de mannãa fezeron log' eles vir
o crerig'; e el de grado vo y e foi-lles pedir
sa filla por casamento, e prometeu-lles sen falir
que lle daria en arras gran requeza que avia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

E disso: «Casemos logo.» Mas diss' o padre: «Non, mais cras
che darei onrradamente mia filla, e tu seerás
come en logar de fillo; e se eu morrer erdarás
mui grand' algo que eu tenno, que gaanney sen tricharia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

Os esposoyros juntados foron logo, com' apres' ey,
e outro dia mannãa casaron; mais, que vos direy?
Porque pelo demo fora, a Madre do muit' alto Rei
do Ceo mui grorioso logo lle-lo desfazia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

E por partir este feyto oyd' agora o que fez:
O crerigo que dissera sempre sas oras, essa vez
obridou-xe-ll[e] a nõa; mais la Rea de gran prez
fezo que a ssa eigreja fosse, como yr soya.
Muit' é mayor o ben-fazer...

E u estava rezando, pareceu-ll' a Madre de Deus
e disso-ll': «Aqui que fazes? ca ja tu non eras dos meus
vassalos nen de meu Fillo, mais [es] dos emigos seus,
diabos, que che fezeron começar est' arlotia
Muit' é mayor o ben-fazer...

Que con esta mia criada cuidas casar, pero me pes,
que ja ssé eno taamo, toda ben coberta d'alffres.
Esto non será dest' ano, per bõa fe, nen deste mes;
mais leixa esta loucura e torna-t' a crerezia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

E eu farei ao bispo que venna por ti log' acá,
e di-ll' esto que che dixe, e el ben te consellará
como non perças ta alma; e senon, Deus se vingará
de ti por quanto quisische do demo ssa compania.»
Muit' é mayor o ben-fazer...

Foi-ss' enton a Virgen santa aa donzela, ali u
dormia, e disso: «Maa, com' ousas aqui dormir tu
que es [en] poder do demo, e mi e meu Fillo Jhesu
te escaecemos mui toste, louca, maa e sandia?»
Muit' é mayor o ben-fazer...

A donzela disse logo: «Sennor, o que vos aprouguer
farei mui de bõa mente; mais este, de que sõo moller,
com' o leixarei?» (diss' ela). Diss' a Virgen: «A-che mester
que o leixes e te vaas meter en ha mongia.»
Muit' é mayor o ben-fazer...

A novia ss' espertou logo chorando, e esto que viu
diss' ao padr' e à madre; des i mercee lles pediu
que log' en un mõesteiro a metessen, per com' oyu
dizer aa Virgen santa, que casar non lle prazia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

E o bispo chegou logo, e disso-ll' o novio: «Fol
soon de que casar quige, mai-lo demo, que sempre sol
fazer mal aos que ama, m' enganou; e poren mia prol
é que logo monge seja en alga abadia.
Muit' é mayor o ben-fazer...

Desta guisa acordados foron os novios, como diz
o escrito; e o bispo, que nom' avia Don Fiiz,
ambos los meteu en orden por prazer da Emperadriz
do Ceo mui groriosa, e foron y todavia.
Muit' é mayor o ben-fazer...